off
Movementos sociais, Politica internacional — 10 Outubro, 2019 at 10:45 a.m.

Os curdos, abandonados

by

Alguns dias depois que o presidente dos EUA, Donald Trump, decidira unilateralmente retirar suas tropas do norte da Síria, onde loitaran cos curdos contra o Estado Islámico, a Turquia decidiu invadir a área. E xa van un cento de mortos na ofensiva contra os curdos ao norde de Siria, segundo Erdogan. A decisión de Trump  deixa os curdos abandonados e prepara reconfiguración demográfica.

 

Depois de mais de tres anos de  as milícias curdas loitaren contra o Estado Islámico até que apagar o califado do mapa, agora Washington as deixa abandonadas. Encanto as tropas americanas comezaran a se retirar após o anúncio surpresa divulgado pola Casa Branca na segunda-feira, o exército turco está preparando unha ofensiva de larga escala para controlar un território indeterminado ao longo da fronteira, O obxetivo de eliminar os curdos da área, que chama  “terroristas”, e repoboa-la con dous millóns de refuxiados sírios na Turquia. Unha operación poderosa coa quel o presidente turco Recep Tayyip Erdogan pretende non apenas afastar as milícias curdas do YPG (Unidades de Proteción Popular) de sua fronteira sul, mas tamén xerar unha mudanza demográfica e safarse de grande parte dos refuxiados. O obxetivo do presidente Erdogan é, coa desculpa de perseguir “terroristas”, expulsar os curdos de sua fronteira, pois os ve como unha ameaza, realocar nesa área millóns de refuxiados do sul da Síria que agora están no seu país e ameaza enviar millons de refuxiados a Europa se a UE o califica de invasión.

Mais uma vez, o pobo curdo é vítima dunha xeopolítica global, sempre contrária aos seus intereses, que os condena a seren uns parias en cuase todos os países onde viven: Turquia, Irán, Síria ou Iraque.

Hai un ano, a eurodeputada Ana Miranda denunciaba no Curdistán, por segunda vez e de xeito premonitorio,   o incremento da represión turca.“Erdogan reprime, quere que calen e que non se movan”. Apuntaba que, “a situación empeorou considerablemente desde a miña primeira viaxe ao Curdistán, no 2016”.

A decisión de Trump provocou debates en Washington e unha preocupación principal por dúas razóns. O primeiro é a baixa  credibilidade dos Estados Unidos. E o segundo é que agora ábrese unha nova e perigosa fronte na guerra de Siria de consecuencias imprevisibles. A listaxe de preguntas que provoca o movemento de Ankara é moi longa. Por exemplo, quen se fará cargo dos millares de xihadistas e as súas familias que agora están detidos en centros controlados polos curdos? Os curdos serán obrigados a unir as forzas co réxime de Baixar al-Assad do que a Turquía é inimiga?  Terá agora o Estado Islámico unha nova oportunidade para referirse a el?

Curdos, un pobo de 7 millóns de habitantes espallados por diferentes países ten inimigos muito poderosos. A sociedade galega debe ser especialmente sensíbel a esa traxédia mostrándolle a súa solidariedade. Eles merecen, alomenos, que sua história sexa coñecida e recoñecida, que se saiba o que fixeran cando ninguén mexeu un dedo contra Daexe (ISIS).

 

Este caso, no entanto, é especialmente sangrento porque os curdos foram as forçzas de choque no terreno na guerra contra Daexe e seu califado auto-proclamado. Sem a participación das chamadas Unidades de Proteción Popular (YPG), armadas e treinadas por especialistas americanos, non teria sido posíbel derrotar os xihadistas. Agora,cando non son mais necesarios, Donald Trump decidiu abandona-los, sabendo que a Turquia sempre via suspeita a colaboracion de Washington cos curdos e que  teria a menor chance de intervir co seu poderoso exército, o segundo da OTAN en diñeiro. É asín que o Ocidente paga a matanza dos curdos contra o xihadismo.

A realocacion de refuxiados sírios na Turquia, se necesario, será feita à forza. A maioria da poboacion deslocada polo conflito non ven do norte da Síria, mas das cidades do sul e central que se rebelaran contra o rexime de Bashar al Asad en 2011. Nos últimos anos, o partido de Erdogan e seus aliados ultra-nacionalistas turcos alimentaran o discurso anti-imigración.

O precedente mais claro das intencións de Erdogan é o que aconteceu no cantón Kurd d’Afrin, a noroeste da Síria, que foi invadido polo exército turco en xaneiro de 2018. A ofensiva do exército turco e as milícias sírias relacionadas durou dous meses e cerca de dous mil combatentes morreran e cerca de meio millar de civis, encanto cerca de 300.000 persoas fuxiran da área, segundo ONGs locais, e 80% foran substituídos pola populación Árabe. A língua curda foi varrida das escolas. Ancara e Washington discuten hai semanas o estabelecimento dunha zona-tampón ao longo da fronteira que Erdogan quer de 480 quilómetros de comprimento e 30 de largura. Nese corredor, até 150 novos asentamentos serian construídos para abrigar – entre un e dous millóns de refuxiados sírios árabes que viven na Turquia. Quizais o obxetivo de Erdogan, en vez de masacrar os curdos, sexa mudar a configuración demográfica do território.

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: