off
Literatura — 10 Outubro, 2019 at 11:33 a.m.

Olga Tokarczuk e Peter Handke, premios Nobel de Literatura

by

É o mellor premio literário do mundo, con  830.000 euros, e é concedido desde 1901. Porén, é un premio eurocéntrico que non gosta de premiar mulleres -apenas 14 en 118 anos de historia- nen literaturas de linguas minorizadas

Após o paréntese do ano pasado, que non recebeu o premio debido á crise interna da Academia, este ano houbo dous premios. O Nobel da Literatura 2018 foi atribuído à autora polaca Olga Tokarczuk (autora de Os Vagantes, en portugués do Brasil). O prémio referente a 2019 foi entregue a Peter Handke, escritor austríaco. O xúri xustificou o galardón para Olga Tokarczuk subliñando a sua “Imaxinación narrativa que con paixón enciclopédica representa o cruzar de fronteiras como forma de vida”.

A Peter Handke,  guionista do primeiro Win Wenders e ele mesmo director da adaptación ao cinema da súa novela “A mulher cañota”, é o autor de “Ensaio sobre o cansazo”  e “A angústia do guarda-redes antes do Penalty”, entre outros, nos que a Academia recoñeceu a “influencia do seu traballo, que con enxeño literário explorou a periferia e a especificidade da experiencia humana”.

Ambos os dous, escritores descoñecidos para o leitor en galego. Só hai tradución de 2006 para o galego do romance de Handke “Don Xoán (Contado por si mesmo)”, na colección Medusa da desaparecida editorial Sotelo Blanco.

 

Un premio eurocèntrico e apenas 14 mulleres

O 80% dos gañadores nasceran na Europa ou na América do Norte.Desde que o Prêmio Nobel de Literatura de 1901 foi criado, ele distinguiu 114 autores, dos que só 14 son mulleres e, en catro ocasións, o premio foi compartillado, a última vez en 1974. O idioma inglés domina a listaxe con 29 autores premiados , por 14 autores en língua francesa, 13 en alemán e 11 en español. Entre os últimos gañadores do Nobel, Mario Mario Vargas Llosa, Patrick Modiano, Bob Dylan e Svetlana Aleksiévitx.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off