off
Galiza, Movementos sociais, Política — 1 Outubro, 2019 at 8:46 a.m.

Galiza non ten rei!: protesta contra Filipe VI “por rei, por anacrónico e por antigalego”

by

Alomenos 200 persoas concentraran ás portas das Reitoría da UDC na Coruña para protestar pola visita de Filipe VI na inauguración do curso académico, convocados por Vía Galega. O recibimento republicano foi acompañado de ampla implantación policial e de medios informativos para dar cobertura ao rei español. Co lema “Galiza non ten Rei, avante a República Galega”, esta plataforma expresou que a monarquía fai parte dun sistema inxusto, onde prevalecen os privilexios e a herdanza do franquismo, que fomenta o centralismo e a dependencia de Galiza, ademais de limitar os dereitos para o ensino público galego.

Vía Galega é unha plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, creada en 2018 a partir da xuntanza de máis de 40 entidades de diferentes tipos e eidos: do sindical ao cultural, do ambientalista ao educativo, dos centros sociais ao campo estudantil, pasando polo internacionalismo, a música popular, a memoria histórica, etc.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: