off
Ecoloxía, Galiza, Globalización, Medio ambiente, Movementos sociais — 27 Setembro, 2019 at 6:35 p.m.

A emerxencia climática mobiliza a cidadanía galega

by

As mobilizacións da #folgamundialpoloclima en Galiza ateiga de concentracións as cidades e vilas. A mocidade, en primeira liña na loita contra a mudanza climática.Corearonse consignas contra o capitalismo e a favor de cambios lexislativos que tornen factibel mudar o contexto de emerxencia climática.

Greenwash

Coincidindo coa data seica os «ecoloxistas» de Endesa,comunicarono hoxe, decidiran acelerar o feche das Pontes. Endesa das Pontes pecha porque acabouse a mina hai tempo e o lignito que traen de fóra non sae a conta. O mesmo cas Encrobas. Chegaron, expropiaron, mercaron vontades ben pagadas, expoliaron un recurso de todos, contaminaron, cobraronnos a luz duramente por un carbón noso, e agora pechan e din que é para salvar o planeta. Hoxe en dia todo é verde.Greenwash.De feito,o mundo ainda está lonxe de evitar un aumento de 1,5 ° C na temperatura da Terra.
Os cientistas climáticos da ONU alertan desde outubro do ano pasado sobre os terríbeis efeitos que as mudanzas climáticas terán cando excederen 1,5 ° C do aquecimento global. Portanto, o Secretário Xeral da ONU, António Guterres, e outros líderes mundiais decidiran definir esse número como um limite. O Acordo de Paris visa un máximo de 2 ° C, mas tamén afirma que seria desexábel non exceder 1,5 ° C. Agora, a ONU pretende cumprir ese obxectivo, o mais ambicioso. Mas para non exceder 1,5 ºC, debemos comezar a diminución das emisións de CO2 no próximo ano, para atinxir cero en 2050. Mas cos compromisos de reducir as emisións que fixeran até agora os 196 países que asinaran o Acordo de Paris e, se fosen cumpridos, o aquecimento aumentaria mais de 3 ° C.

Na cimeira do clima celebrada o luns os principais emisores, como China, Estados Unidos, India e mesmo a UE, non trouxeron novos compromisos e non se puido garantir de lonxe que o mundo reduciría as emisións globais a cero en 2050.

É factibel o obxectivo da ONU?

Algúns dos grandes países, como o Reino Unido ou Francia, xa aprobaron unha lexislación que se compromete a chegar a cero emisións para o 2050, e a Unión Europea (UE) no seu conxunto tamén intenta aprobar esta neutralidade do carbono para o 2050, mas polo momento hai resistencia nos países do leste. O problema é que ningún destes países, nen sequera os que xa o aprobaron, saben como facer para cortar emisións tan grandes en tan pouco tempo. Os científicos din que é posibel tecnicamente, ainda hai que parar inmediatamente as emisións e tamén extraer CO2 da atmosfera cunha tecnoloxía que aínda está en desenvolvemento.

Movemento galego polo clima

Nas mobilizacións galegas leuse o manifesto do Movemento Galego polo Clima, que, centrado na Galiza –lembra que a nación fai parte dese 20% da humanidade que emprega o 80% dos recursos do planeta– censura o modelo de produción e consumo actuais

🌍✊ Porque NINGUÉN O FARÁ POR NÓS!! O venres 27 vémonos na rúa!!Busca a túa convocatoria: #MovementoGalegoPoloClima
👉https://t.co/Cft4aSg9rZ #RebeliónPorElClima 👉https://t.co/uBqCEBwsyG 👉https://t.co/f0HTilTmXd #TodasPoloClima #TodasPorElClima #27S #UnFuturoSenCarbón pic.twitter.com/pVlaquknMr

— Ju))) (@Jud_ECOAR) September 24, 2019

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: