off
Editorial, Estado, Movementos sociais, Política — 24 Setembro, 2019 at 6:58 a.m.

Ofensiva xudicial contra os CDR na Cataluña nas portas da sentenza do 1-O

by

En Madrid, o relato dun terrorismo manifesto xa foi instalado apenas con fontes estatais. Arquivado e recalcado na memória recente, apenas pequenos estímulos dos medios de comunicación son necesarios para nos traer de volta à mente o cenário visual do terrorismo e, con ele, o discurso do medo. Ainda que todo estexa en segredo de sumario a revista da mañá chamará “mamarracho” ao presidente da Generalitat e os “precursores de explosivos” irán virando de ‘materiais explosivos’ a ‘bombas caseiras’ e finalmente ‘goma-2’. Tamén as ‘accions terroristas’, após  ‘avanzado grao de preparación de atentados” simplesmente se tornarán ‘atentados’. E os CDR pasarán de seren ‘grupos radicais’, a ser tornar  ‘violencia de rúa e guerrilla urbana’ para finalmente se tornar ‘terroristas’.

A operación desta segunda-feira da Guarda Civil, após as acusacións da Fiscalía,  resultou con nove acusados de “terrorismo secesionista”, sete dos cales foran transferidos para o Tribunal Supremo de Madrid, debe ser encadrado na encenación do Estado antes da decisión iminente do Tribunal Supremo sobre o proceso soberanista catalá. Unha preparación que, por un lado, parece querer alertar diante da indignación previsíbel dos cidadás contra unha sentenza severa, mas que, ao mesmo tempo, apenas cria un clima de mais indignación. Quen demitiu da coexistencia? E unha preparación que, alén da Cataluña, tamén responde ao desexo de criar un estado de opinión tanto na sociedade española canto nos medios de comunicación internacionais.

A Audiencia Nacional afirma que estaban a piques de atentar. Parece incríbel, mas estamos a falar de terrorismo.Porén, se asi fose, que artigos da lei antiterrorista se lles está a  aplicar?

A Fiscalía  fala abertamente de  “grupo terrorista de natureza secesionista” e os acusa de ter “precursores para producir explosivos”.En todos os anos de Procés, non houbo nen unha explosión ou acción terrorista. Os CDRs poden cortar unha estrada, mas até agora non lanzaran bombas. Nos domicilios particulares rexistrados e en presenza de menores seica atoparon potes e potas e incautaron tablets, teléfonos, cadernos e computadoras.Segundo o xornal ARA fontes policiais sinalaron que había ingredientes para unha posibel fabricación de termitas, un composto químico usado na fabricación de explosivos. E non será que  falan de percursores porque en realidade non atoparon nada e por iso é porque non os amosan? Para soerguer isto, malia o secreto de sumario, quer dicer, para contribuir á criminalización e ao linchamento mediático do independentismo, a Garda Civil contribuíu a Twitter cun vídeo de 38 segundos no que se podía ver un armacén desarrumado, unha bolsa cun po non identificabel, panelas e varios outros vasos que manipulaba un dos axentes. En Osona, a Garda Civil chegou a identificar aos xornalistas interesados na operación. Os alcaldes de Sant Pere e Sant Vicenç de Torelló denunciaron ameazas por parte dos gardas civís para que non houbese concentracións de protesta, xa que os acusarían de organizar tumultuos.

Talvez xustamente por ser un movimento tan politicamente democrático e pacífico, quer a ideoloxia explicitamente pacifista de seus líderes presos, quer os constantes apelos dentro do movimento á non-violencia, a acción preventiva do Estado sirva para semear dúbidas na opinión pública creando un “grupo terrorista” A galega xa foi inventada moito antes: “Resistência Galega”. De feito, neste serán-noite de segunda-feira, millares de persoas voltaran ás ruas de xeito exemplar, nas várias cidades onde ocorreran rexistros e detencións para expressar sua descrenza.

Sintomáticas declaracións do Ministro de interior, Fernando Grande-Marlaska, que non descarta o envio de mais policiais para a Cataluña (síguense as pautas no plano “Plan ZEN, Zona Especial Norte, que xa se aplicou en Euskadi) e a do presidente do Tribunal Supremo , Carlos Lesmes, alertando que a reacción dos cidadás á sentenza do Procés non debe ser “exaxerada ou sobreactuada”. Porque, na verdade, exaxero e hiperatividade policial é procurar terroristas na Cataluña enviando 500 axentes para o que parece un devezo exaxerado en conectar o independentismo coa violencia (lémbrese o comando DIXAN). A reforma de 2015 levou a endurecer o Código Penal, quer dicer, crimes comuns tornanse terrorismo. Detense primeiro e despois procúranse probas.Decrétase secreto de sumario, mas a Guardia Civil publica vídeos que vén poderina incorrer no tificado no artigo 417 do Código Penal. O Estado dá un paso adiante para cuestionar o caráter pacífico e democrático do independentismo catalá.Fica claro que estamos diante dun Estado que decidiu retomar a represión preventiva e o relato do medo.Rebelión sen violencia, sedición sen alzamento, terroristas sen terrorismo. Estado sen dereito?

 

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: