off
Política, Politica espanhola — 24 Setembro, 2019 at 11:00 a.m.

O Tribunal Supremo apoia a exumación do ditador Franco e o enterro no cemiterio de El Pardo

by

Unha exumación necesaria mais insuficiente para axir contra a impunidade do franquismo, inoculado até o miolo na sociedade e institucións españolas

O tribunal responde ao recurso dos netos do xenocida contra o acordo do goberno español que fixou a exumación.Calvo di que o goberno español tentará facer a transferencia ao cemiterio público de Mingorrubio antes da campaña eleitoral. Un cemiterio público no que está soterrada Carmen Polo,  Carrero Blanco, Arias Navarro, Rafael Trujillo, José Banús, Nemesio Fernández de la Cuesta e Juan José Rosón, entre outros.

No meio da pré-campaña, o tribunal tivo de se pronunciar sobre a saída de Franco do Valle de los Caídos e tivo que esclarecer a grande dúbida nos últimos meses: se os restos mortais ian ser enterrados no cemitério de Mingorrubio, onde o goberno español quer e onde está o corpo da sua esposa, ou a cripta da família da Catedral da Almudena. O TS confirmou que os maxistrados rexeitaran por unanimidade todo o recurso apresentado pola família do ditador contra o acordo do Consello de Ministros de 15 de marzo que determinou a exumación para 10 de xuño, paralisada polo tribunal até que houber sentenza.

 

 

Encanto o o Tribunal Supremo resolveu, varias organizacións que apoian a campaña #NiValleNiAlmudena concentráronse no Supremo, coa esperanza de escoitar a sentenza, que concorda coa disolución oficial das Cortes e o decreto que convoca eleicións o 10 de novembro a través da súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE). Decenas de persoas proclamaron contra os “xuíces franquistas” do Tribunal Supremo. A primeira reacción política chamou a atención da presidenta do Congreso, Meritxell Batet, que considerou que a sentenza expresaba unha “maioría de sentimentos” da cidadanía.

Unha medida necesaria mas insuficiente

Non se fala de José Antonio Primo de Rivera, ideólogo e fundador das Falangxe española, soterrado a alguns metros de Franco no Valle de los Caídos e tamén a recebir homenaxe e apoloxía a diario pola impunidade do fascismo español.
A exumación de Franco non é precisamente un avanzo decisivo en cuestión de memória histórica. É necesario mais insuficiente para axir contra a impunidade do franquismo, inoculado até o miolo na sociedade e institucións españolas. Ao cabo, a España é o segundo país en número de persoas desaparecidas depois do Camboia.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off