off
Eleccions xerais 28-A 2019, Movementos sociais, Opinião, Política — 19 Setembro, 2019 at 8:43 a.m.

Podemos, de entrada, non

by

A partires da segunda-feira 23 de setembro, cando oficialmente se disolva o Parlamento e remate a lexislatura narciturus, Pedro Sánchez legaría un epilogo ao seu “Manual de Resistencia” intitulado “Podemos, de entrada, non”. Porque o único inapelable de todo o visto e ouvido durante o engole da investidura é que o PSOE dixo “non” á oportunidade dun goberno de esquerdas plural en España. Pola primeira vez desde a Segunda República. O resto é relato.

Contrainformación.Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Os autoproclamados sindicatos maioritarios, Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores; moitos intelectuais e artistas favorables á confluencia PSOE-UP visibilizados na petición que o actor José Sancristán trasladou á vicepresidenta do Goberno Carmen Calvo (porque o fotógrafo estaba alí, coa orella posta); ou as numerosas entidades da sociedade civil que pasaron pola Moncloa durante semanas entanto as equipas negociadoras da bancada socialista e de Unidas Podemos seguían no dique seco; todos eles eran decididso partidarios do acordo entre Sánchez e Igrexas. E con todo, a final o secretario xeral do PSOE e presidente do goberno en funcións aliñouse coa saída que agradaba á patronal. “Mellor eleicións que o efecto devastador de Podemos no Goberno”, sentenciou o presidente de Círculo de Empresarios. Podemos, de entrada, non.
Os feitos son túzaros. Sánchez tratou ao seu “socio preferente” Iglesias igual que ao seu curtido adversario Mariano Rajoy. A mesma estratexia vaidosa, cainita e destrutiva. A Rajoy fulminouno para xolda da esquerda parceira chamandoo de “indecente” no cara a cara televisivo, deixando despois a outros a tarefa de caricaturizar ao de Pontevedra como un paspán pegado a un puro e ao diario Marca. Polo seu lado, a Iglesias non só o vetou ad hominem (tamén a través da caixa parva), senón que engadiu a dica de xustificar a aldraxe dicindo que o líder de UP non era un demócrata. Todo iso dito sobre a persoa a quen ele devia o suceso da moción de censura que o levou ao poder cando Pedro Sánchez era apenas un excedente de cota. Pois o maldito arquivo do xornal é a imaxe dos deputados de Podemos pulando de alegria en seus asentos ao grito de “si, se puede” logo após derrubar Rajoy.

Pablo Iglesias ten o mérito de crebar só o cincoenta por cento do que aprobaron maioritariamente os afiliados de UP: o seu si rotundo a aceptar un goberno de coalición co PSOE e o seu non ao veto. No resto errou con cobiza. Nunca debeu menosprezarse aceptando a exclusión decretada por Sánchez, porque desde ese momento evidenciou a súa debilidade negociadora e porque a palabra intimidadora é totalmente inaceptabel nun diálogo democrático. Tamén esbarou ao pedir a belixerancia de Rei Filipe VI, co risco de dar asas ao tradicional “borboneo” que a dinastia perpetrou ao longo da história. Sen mencionar a infeliz impresión oferecida por un líder político disposto a compartillar o poder de “cala y a prueba”, como Iglesias fixo en seus estertores. Expor entrar no goberno, garantir a aprobación dos Orzamentos e deixar a continuidade do gabinete ao capricho de seu presidente, é admitir unha vasalaxe que beira o grotesco.

Os santos da estabilidade din que aqueles que fallaran foran políticos e non institucións. Mentira.Temen que o sangue chegue ao rio. O que ven ocorrendo desde que o bipartidarismo perdeu sua posición de monopólio en 2015 é unha vampirización da democracia às custas dos intereses das aparencias de castes políticas e partidos. Os anti-sistema son eles.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off