off
Editorial, Eleccions xerais 28-A 2019, Movementos sociais, Política — 18 Setembro, 2019 at 12:34 p.m.

O medo de Sánchez e arrogancia de Iglesias leva a novas eleicións estatais

by

Os medos de Sánchez, parapetado tras o velo do narcisismo  e da ortodoxia europea, e a arrogància de Iglesias fallan o goberno socialdemócrata. Embora o prazo legal para a realización de outra sesión plenária non se esgota até a segunda-feira, o presidente interino do goberno, Pedro Sánchez, anunciou na terza-feira novas eleicións xerais para 10 de novembro.Certamente a responsabilidade que atinxiu esa situacion é moi dividida, mas non hai dúbida de que quen ten mais é quen tivo  a obriga de facer todo o posibel para evitala e forxar unha maioria parlamentar: o candidato socialista Pedro Sánchez, vencedor das eleicións 28-A.

Foi unha miraxe. Sánchez recibira unha mensaxe dos eleitores: reunirse para formar un goberno maioritario. Mas eludiu a responsabilidade e optou por transferir a responsabilidade a outros. Sánchez gañou as eleccións de abril e Podemos ao resgate para salvar a situación. Todo foi pensado para pensar nunha maioría capaz de frear os pés dunha dereita radicalizada, traballando para devolver a cuestión catalá á política e abrir o camiño para políticas que revertan a espiral fracturadora do tecido social.Na primavera de 2018, o primeiro movemento de censura triunfador derrubou a Mariano Rajoy. E Pedro Sánchez, que esfolara a antiga garda do PSOE, foi consagrado como flaxelo dos cerberos do réxime.

A crise europea das democracias liberais tomou formas específicas en España, agravada pola incapacidade de renovar o réxime do 78. Co caso catalán, a Constitución acabou por sacralizarse como alvo incontornabel, mentres que o discurso soberanista  funcionaba como revulsivo social e a dereita española avanzaba cara ás posturas máis reaccionarias do fundamentalismo españolista.

Desde o início, Sanchez ten se dedicado a vacilar, pedindo á dereita o que ele tiña negado e mostrando hostilidade aberta aos seus “parceiros naturais”. Unha actitude que responde ao feito de conceber o proxeto político como calquer mercadoria  nun mercado en que é mercado cos votos en vez de con cartos. Para Sánchez, se non votas “Podemos”, votas “Ciudadanos”, tanto ten. Un sintoma óbvio de malícia e decadència do rexime do 78 e seareiros: para poder gobernar, alguén propón que, en troca de seus votos, a aplicación permanente do artigo 155 na Cataluña. Iso non lle acontece a Sánchez por mendigar o voto de Casado e Rivera. Os mesmos que o chamaran de traidor e golpista porque  gañou a moción de censura grazas aos votos dos independentistas catalás e se atreveu a se encontrar con Torra.Ainda non ten comezado a campaña e Pedro Sánchez xa ameazou co  155. Non semella ter nada máis a dicer.
Para a dereita a esquerda sempre será suspeita de non ser acubillo de bos españois, especialmente cando a esquerda falsaria sai do armario pola porta da dereita para obter unha investidura de balde cunha estratéxia dupla: por un lado, solicitar a abstención de PP e Cs por responsabilidade institucional; e, por outro lado,  solicitar o voto afirmativo de UP en troca dun programa compatíbel nalguns asuntos. E un único obxectivo, típico do réxime do 78 e de quen axiu como se tivese maioria absoluta: un goberno  mono-cor e máxima liberdade para acordar a ambos os dous lados do espectro da cámara. Mas, paralelamente, Pedro Sánchez nunca abandonou a idea dunha repetición eleitoral. De feito, todos os seus pasos tiveran esa posibilidade como cenário de fundo. Por iso,  traballou nunha história que lle permitiria aparecer diante do eleitorado non como alguén incapaz de chegar a un acordo, mas, polo contrario, como vítima da blocaxe e da teimosia do resto das partes, especialmente Podemos e Ciudadanos. Narcisismo, como se non fose a súa responsabilidade formar goberno. Cesarismo, como se fose un deber para outros investilo. Mofa e comédia de capa e espada no mesmo acto.O próprio Sánchez dixo que se trata de obter alguns votos mais, como Rajoy nas eleicións de 2016.E realmente acredita que o PP o tornará presidente, como o PSOE fixo co Rajoy?

Desde o punto de vista galego, con todo, as eleccións teñen a virtude  de  permitiren aos cidadáns galegos a posibilidade de tomar unha postura contra os repetidos intentos dos partidos estatais por prescindir de Galiza como variabel política

Vaites! ( que é a voz para afuxentar o can).

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: