off
Estado, Galiza, Saúde — 17 Setembro, 2019 at 8:46 a.m.

Un estudo coloca Galiza na cauda de España en termos de gastos sociais, educación e sanidade

by

O relatorio da Asociación Estadual de Directores e Xestores de Servizos Sociais asegura que se mantén un corte do 3,75% de hai 10 anos, a pesar da suposta recuperación económica. Penúltima na evolución do gasto en políticas sociais en cantidades absolutas (2009/2018)

4.190,2 millóns de euros é a diferenza entre o gasto rexional en políticas sociais antes dos recortes de crise (2009: 116.851,7 millóns de euros) e o ano pasado (2018: 112.661,5 millóns de euros). É dicer, a pesar da “recuperación económica”, o gasto social autonómico en España é un 3,4% menor que antes da crise.

Outras nove comunidades recuperaron, en termos absolutos, o gasto social antes do recorte da crise (Baleares, C. Valenciana, Navarra, País Vasco, Cantabria, Murcia, A Rioxa, Asturias e Extremadura). As comunidades que manteñen o maior corte en termos porcentuais nestes 10 anos, a pesar da recuperación, son Castela-A Mancha (-15,46%), Cataluña (-19,91%) e Galiza (-3,75%)

Gasto sanitario

3.864,4 millóns de euros menos é o que as comunidades autónomas gastaron en Sanidade as comunidades autónomas en 2018 en comparación coa etapa anterior aos recortes (ano 2009), que aínda supón unha redución do 6,02%.

8 comunidades autónomas (Illas Baleares, Navarra, Cantabria, País Vasco, Murcia, Asturias, Castela e León e C. Valenciana) aumentaron o gasto sanitario nesta fase, mentres que Galiza destaca no sentido contrario, cuxo gasto sanitario foi en 2018 un -2,02% inferior ao de 2009, con 79,5 millóns de euros menos(cuantía absoluta). 262.4 € € por habitante e ano é a diferenza no gasto saniario  entre Galiza e a que máis gasta, que é o País Vasco.

Gasto en educación

7 comunidades autónomas (C.Valencia, Baleares, Extremadura, Aragón, Cantabria, Andalucía e Navarra) terian aumentado os gastos en saúde nesta fase, enqcanto na direción oposta a Galiza, cuxos gastos en educación foran mais baixos en 2018 en mais de 7% do que emn 2009 (-181,6 millóns de euros menos).

Gasto en servizos sociais

Todas as comunidades, agás catro (Galiza, Castela-A Mancha, Andalucía e Cataluña) recuperaron en 2018 o nivel de gasto en servizos sociais que existía antes dos recortes provocados pola crise (2009). No conxunto de España, hai 1.320 millóns máis en 2018 que en 2009, cun incremento do 11,1% neste período.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: