off
Cedeira, Contos, Cultura, Lendas, Música, Teatro — 13 Setembro, 2019 at 7:51 a.m.

“Cantos e Contos ao Solpor” baixo a laranxeira

by

O sábado 14 de setembro Cedeira acolle unha nova edición do programa de teatro, múscia e lendas populares “Cantos e Contos ao Solpor”

Esta nova xeira comeza coa compañía Rilo&Penadique, que subirá ao palco a obra “O pazo das señoras”, un espectáculo no que se relatan historias sorprendentes protagonizadas por mulleres e contadas coa habelencia dicedora de Vero Rilo e a sutileza musical de Sonsoles Penadique. Un espectáculo de monicreques e contos de 50 minutos de duración e dirixido a un público familiar.

A programación de “Contos e Cantos ao Solpor” será continuado o sábado día 21 de setembro co espectáculo “Maquinarias teatro e Roger de Flor”, concerto acústico con cancións cantadas e outras tan só recitadas do compositor e Premio Nobel de Literatura Bob Dylan.

Baixo a laranxeira da vila, na praza do Concello de Cedeira, “Cantos e Contos ao Solpor” é  máis un ano  un referente cultural aberto para o outono recén abrollado.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: