off
Cedeira, Música, Xente — 30 Agosto, 2019 at 9:23 a.m.

Homenaxe a Manolito “Potencia”

by

Cedeira renderá unha homenaxe mañá ao mestre da habanera e da canción coral cedeirense, Manuel Antonino García Jiménez, coñecido por Manolito e alcumado «Potencia»( 1923-1988 ).Antes da guerra civil a nai, dona Paca Jiménez, de orixe andaluza, tocaba o piano na casa, acubillo das cativas da vila que acudían a cantar ó redor.Tamén a biblioteca familiar estaba a dispor da veciñanza.

[videopress xcex5FyO]

Malia sua habelencia aritmética -traballou no Banco da Coruña, logo Bilbao- os seus intereses debruzaban  na música e na lectura. Manolito sempre tivo unha querencia polo idioma galego. Ten escrito á TVE cando ridiculizaban o idioma do país.Dicia que cando entrase o galego na escola a cousa mudaría….Só un home farturento pode axir e interesarse pola cultura de xeito integral, por iso conservaba a memoria da guerra civil e da represión franquista. Na súa casa xantábase mentres soaban discos de clásica.

No acto, que se fará este sábado na 2a edición do Festival de Habaneras, na praza Floreal ás 19:00 horas, participarán os coros “Estrelas do Mar”, “Herbeira” e “Eixil” e da rondalla, todos eles de Cedeira.

Repasarase a obra do músico, autor do famoso arranxo para catro voces da habanera popular cedeirense “Non Sei” con música e letra de Emilio Álvarez Prado, e recoñecerase o seu incansabel traballo de difundir a música popular galega, quer no coro da igrexa, quer colaborando na orquestra “Galaicos”, quer, enfin, fundando o coro “Eixil” en 1973 e organizando festivais. A final dos setenta foi director da extinta escola musical de Cedeira ubicada no Pósito, na que moitos nenos e nenas cedeirenses se iniciaron na música.

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: