off
Estado, Movementos sociais, Opinión, Politica internacional — 29 Agosto, 2019 at 11:24 a.m.

PSOE e Unidas Podemos ou a inercia do statu quo

by

Quen non quer falar criticamente sobre o capitalismo non debe dicer nada sobre o fascismo

(Max Horkheimer)

Sánchez, seica sen axuda de ninguén, foi quen de enfrontarse ao antigo establishment  e sobreviviu… para salvar o PSOE!. O PSOE veu de ter 84 escanos, o seu peor resultado histórico, e logrou 123, superando os sete millóns de votos: 57 deputados e tres millóns de papeletas máis que o PP. Os partidos de dereita – PP, Ciudadanos e Vox – ficaban lonxe da maioria necesaria para conseguir a investidura de un de seus candidatos. “Foi para gañar eleicións e gobernar. Gañamos as eleicións e vamos gobernar”, Sanchez concluia frente á sede do PSOE. No entanto, vencer unha eleición non é ser o primeiro, mas ser capaz de gobernar, como Pedro Sánchez repetiu.

Pedro Sánchez non demostrou moita vontade de concordar con Unidas Podemos mesmo até descartar meses antes o goberno de coalición co partido de Pablo Iglesias, que, dados os resultados eleitorais e os compromisos asumidos durante a campaña, foi o que todo mundo esperaba. Todo o mundo? O mais importante, enfatizaran na direción do PSOE, é que nen todo precisa pasar polo apoio do independentismo catalá. Contodo, non son os escasos 123 asentos do PSOE para gobernar o prezo que Sánchez ten que pagar para neutralizar o independentismo catalá e o que restaba  da aura indignada de Unidas Podemos e das confluencias?.

Non se debe esquecer que a orixe do Podemos é o movimento dos indignados , que xurdiu en 15 de maio ainda sob o goberno socialista, cando o PSOE e a social-democracia europea como un todo traizoaran seus princípios e a sua xente. Para enfrentar a crise en 2008, os socialistas, aqui e en todos os lugares, adotaran políticas restritivas e regresivas cos cidadás en nome da austeridade e, ao mesmo tempo, gastaran billóns de euros de diñeiro público para salvar os bancos que colocaran o sistema financeiro en risco. Unha parte da esquerda europeia ficou indignada e mobilizada contra o status quo. Na España, o protesto denunciou a conivencia do PP-PSOE ao grito de “Non nos representan!” e “Democracia real, agora!”, Isto é, que os 15-M indignados non se limitaran a criticar un goberno ou un partido,  mas o sistema de funcionamento en que o rexime político do 78 derivou. Os indignados querian pór  fin ao control político por parte do poder fáctico financeiro e funcionarial, esixiran auténtica  división de poderes e  non-ficcionais, unha lei eleitoral co listaxes abertas, medidas de transparencia e anticorrupción … E ese movimento, con ese programa, foi transformado e neutralizado no partido Podemos cando pasou a “militar nos medios”, coma as ovelliñas  que as botan ó monte pola mañá e volven á noite. Iglesias acreditaba que “todo era posibel” no sentido de poder  xunguilos a todos, mas contribueu a esnaquizar o 15M e as confluencias e, como Sánchez, tamén sobreviviu. Ambos e dous líderes son identificados por tentaren neutralizar antagonismos sociais e territoriais por meio do politicamente correcto, quer con actitude condescendente da elite de Unidas Podemos cara as confluencias e os soberanismos, quer a través do aparello mediatico que nos dí como debemos pensar e comportarnos, o que se pode ou non se pode votar, quer enfin através do 155.

Sanchez tiña todo a favor nesas eleicións. E entón houbo Vox, cuxas asensión repentina  axudou os socialistas para chamar a mobilización do eleitorado, temendo a chegada da extrema direita. Mesmo concordando coa sombria perspectiva haberia que alargar o foco e que, foi precisamente o voto estratéxico a Sánchez, o que adia a auténtica autocrítica da esquerda  e se refuxia en complacencia. É perigoso tomar baño con resaca, porque a água pode levalo embora. A pírrica vitoria de Sánchez -calquer gaño é insuficiente cando aspirante a todo- non  foi por terse  movido demais para a esquerda, mas precisamente porque era centrista demais e fallou en capturar os restos de resaca que alimentaban a  Abascal e Iglesias.Todo o que ficaba reprimido na politica liberal de esquerdas, alicerzada no politicamente correcto (os do 78, os da mudanza sen mudanza)

Desde 28 de abril, a estratexia de Sánchez ten sido a de perder tempo, quer por repetir as eleicións, quer porque a ameaza de as repetir, acabará fornecendo un cheque en branco para gobernar soliño. A cuestión é o que fará ou o que pode facer Unidas Podemos. Mas xa se sabe que os febles loitan batallas en favor dos poderosos.

O que aconteceria se agora “Unidas Podemos”  aceitase apoio a un goberno monocromático do PSOE? Debido aos moitos bombardeos publicitários ocorridos, o feito é que seria un cheque en branco para Sánchez. O “renascido”  xa deixou claro que non pretende tomar nengunha das medidas de mudanza que mais identifican o programa de Unidas Podemos. Entón, unha vez que Sánchez investise, Iglesias non teria nengún instrumento coercitivo para forzar a Sánchez a realizar calquer cousa. Sánchez poderia até propiciar acordos en matéria de Estado co PP e Ciudadanos e a única resposta que poderia ser dada polos deputados de Unidas Podemos seria votar contra e engolir. Non podería desestabilizar demais o executivo socialista, porque iso causaria que a dereita apresentar unha moción de censura e Iglesias non teria mais escolla que  engolir  sapos e salvar a Sánchez. E calquer iniciativa parlamentar de Iglesias arrombada polo PSOE seria a confirmación de sua impotencia.

Afinal, para expresalo ao xeito Zizek-Lacan, Abascal é o síntoma de Sánchez. O pánico ao independentismo é falso porque esquece que a ascensión da extrema dereita populista é global e que o PSOE real, un dos alicerces do rexime do 78, xurdiu da vangloria da Transición, dos silencios hipócritas e do oportunismo sorrateiro dos 70 no que acubillaron  cebrianes e felipes e toda aquela socialdemocracia de tapete polo que foron desfilando a coleción mais colorida de netos, fillos ou sobriños de falanxistas. E se non queren falar críticamente da desfeita capitalista global e do devalo democrático do estado español  que teima en agochar os antagonismos sociais e territoriais subxacentes, non deberían dicir gran cousa de Vox e o 155 que continua a escondelos á custa da perda de liberdades civis.

Non debemos esperar consistencia de nengunha dos dous líderes: ambos os dous andan coma o laverco, son grandes oportunistas e levan tempo dicindo calquer cousa, apelando para todos os lados. E tamén non debemos subestimar o perigo para onde levaria a permandencia do statu quo. No que dí respeito a Sánchez,  ainda gañando, como lle puido ir tan mal coa dereita a estar coma o rosario da aurora? Porque excluía á propia esquerda, entre o establishment e a alternativa representada pola esquerda soberanista e a representada polo próprio Iglesias e no seu lugar colocaba o statu quo e a ameaza populista. Un suceso e unha oportunidade que pode acabar en desastre: a ameaza dunha posibel coalición da dereita radicalizada de haber novas eleicións  ou permanencia do statu quo e o pairo liberal cara a ningures argallado desde a propia esquerda decadente e reactiva. De momento, ambos os dous, Sánchez e Iglesias, a reafirmaren a superioridade moral da esquerda políticamente asimilada para evitar, mais unha vez, a cultura política do rexime do 78 e unha mudanza  socioeconómica real.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: