off
Agro, Economía, Globalización, Incendios — 27 Agosto, 2019 at 7:52 a.m.

Os incendios na África subsahariana son debidos a prácticas agrícolas

by

Non é só a Amazonía brasileira e boliviana que está a lume. Os incendios destruíron parte da floresta  de Chiquitano, a rexión de Pantanal, que a Bolivia compartilla con Brasil e Paraguai. Seica hai mais incendios no Congo e en Angola. 70% dos incendios florestais en todo o planeta están concentrados na rexión subsahariana, de acordo cun estudo recente da Axencia Espacial Europea. Mesmo asín, a África é a eterna esquecida. Mesmo cando arden. Para evitar o lume africano, ao contrário do amazónico, non ten  hashtag para mobilizar e conscientizar os internautas do mundo globalizado. 

Os incendios africanos son comúns nesta época do ano, que no hemisfério sul coincide coa estación seca. O verao austral é, por outro lado, a estación chuvosa e cando a maioria deses incendios se apaga. O feito de haber estacións tan marcadas no calendário anual influenciou a prática agrícola da rexión, que fai que pequenos productores cernen a vexetación e, posteriormente, queimen o restollo como forma de limpeza e rexeneración da terra. Incendios florestais e queimadas en áreas desmatadas son comúns durante as estacións de seca da Amazonia, mas atinxiran o pico este mes para mais de 26.000 – o maior número de agosto desde 2010.  En Bolivia, por exemplo,  practícase o chaqueo, a queimada como un xeito barato e doado de limpar a terra. 

Polo tanto, aparentemente, a causa dos incendios africanos ten e non ten a ver co que hai detrás dos que hai na Amazonia porque sabemos que tamén no Brasil as queimadas son práctica agrícola, mas quer na África Subsahariana quer na Amazonia, o que xera polémica é a queima intenciona de grandes superficies para adicalas a monocultivos (soia, etc) ou actividades extractivas en mans de grandes capitais e multinacionais. Na chamada “fronteira da soja” pode ver os dous tipos de incendios e desmatamento: aqueles causados por grandes proprietários de terras e aqueles causados por agricultores pobres. O desmatamento aumentou desde que Bolsonaro asumiu o poder.

Embora especialistas e a NASA acrediten que as primeiras chuvas extinguirán os incendios na rexión subsahariana, o problema é que a continuidade das lapas xera enormes e teimosas colunas de fumaza prexudiciais ao meio ambiente. Apenas na República Democrática do Congo, cunha área comparábel à Europa Ocidental, foran queimados 3.395 incendios e, en Angola, 5.902, encanto hai cerca de 2.100 na Amazonia, número que desencadeou os alarmes ecoloxistas e líderes das potencias económicas, que na cúpula do G7 prometeran deitar unha chuva de millóns para a extinción das lapas.

O mesmo relatório da Axencia Espacial Europea aponta que os incendios florestais contribuen “para 25% -35% do total de emisións de gases de efeito estufa para a atmosfera”. Mas cómpre pór en perspectiva os datos dos incencidos e, mais en concreto, os africanos: 23% de todos os gases de efeito estufa expulsos polo home veñen da agricultura, silvicultura e uso da terra, podendo chegar ao 37% se engadimos a cota total asociada a produción mundial de alimento. Apenas na Unión Europea os transportes son responsábeis por mais de 30% das emisións de CO2. As viaxes aéreas internacionais son responsábeis do 8% das emisións. Segundo a ONU-Habitat, as cidades consomen 78% da enerxia mundial e producen mais de 60% das emisións de gases de efeito estufa.No entanto,  as cidades cobren menos de 2% da superfície da Terra.

A Siberia tamén arde

En xullo de 2019, os satélites observaran espesas nubes de fumaza subindo de dezcenas de grandes incendios no centro-norte da Rúsia. Os incendios localizabanse nunha parte remota do Krasnoyarsk Krai, ao norte do rio Angara e Boguchany.De acordo com informacións da Axencia de Notícias da TASS, os incendios em Krasnoyarsk queimaban activamente mais de 64.000 hectares (160.000 acres) a partir de 10 de xullo.

A fumaçza dos incendios se abateu sobre Krasnoyarsk, con unha grande pluma flutuando para o norte en dirección ao Ártico Europeu e a Svalbard durante a primeira semana de xullo.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: