off
Economía, Galiza, Movementos sociais, Política — 27 Agosto, 2019 at 12:48 p.m.

O BNG acorda impulsar unha ofensiva social e institucional para defender os intereses de Galiza

by

Afirma que rexistrará iniciativas lexislativas, para derrogar todas as reformas que se impuxeron durante a crise e que limitan o noso autogoberno, incluídas as que obrigan a que desde Madrid se nos diga cal é o teito de gasto de Galiza

A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, criticou que Núñez Feixóo ante a débeda do estado con Galiza siga queixándose sobre os 700 millóns retidos pero “ queixarse non chega”, recalcou, por iso , “o BNG reta a Feixóo a presentar o recurso ante os tribunais” non só polos 700 millóns de euros. Sobre todo porque o modelo de financiamento para Galiza é “inxusto”.

Pontón compareceu ante os medios de comunicación para dar conta dos asuntos tratados na primeira xuntanza da Executiva nacional, tras o período estival, “catro meses perdidos que deixan unha mensaxe moi clara: Ou alzamos a voz e nos facemos valer en Madrid, ou non haberá solucións”. Se Galiza segue ao ritmo das dúas últimas décadas todo seguirá igual porque as políticas do PP e do PSOE, sometidos a Madrid, son prexudiciais para os galegos e as galegas, afirmou a portavoz nacionalista.

O BNG defendee que o estado pague as débedas que ten con Galiza, 200 millóns de dependencia, 2.000 presupostados para Ave que non se executaron e o custes do porto exterior da Coruña, integramente.

Galiza vive a peor crise demográfica da súa historia, o Indice de Produción Industrial (IPI), en retroceso, baixan as exportacións un 10% mentres no estado subiron un 1,7% e máis empresas galegas seguen deslocalizándose como recentemente con R.

Alén diso, engadiu, a nacionalista, continuamos perdendo emprego industrial e tecido produtivo. Unha crise que afecta a sectores claves da nosa economía e que precisa solucións que non ofrecen nin PP, nin PSOE. Estamos vendo o caso de Alcoa. Onde o modelo enerxético do PP nos conduciu até aquí, e o PSOE non quixo cambialo, levándonos até unha situación límite e enganándonos con promesas sobre o estatuto das electrointensivas .Pontón anunciou que o BNG presentará a súa proposta articulada de novo modelo para financiar Galiza.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off