off
Ciencia, Globalización, Medio ambiente — 22 Agosto, 2019 at 12:25 p.m.

Unha análise en 652 cidades mostra un maior risco de mortalidade a curto prazo despois da exposición a pequenas concentracións de contaminación atmosférica urbana

by

Un estudo publicado na prestixiosa revista “New England Journal of Medicine” mostra como a exposición á contaminación atmosférica urbana pode aumentar o risco de mortalidade a curto prazo, mesmo en pequenas concentracións.

Confirmouno  unha análise epidemiolóxica internacional en 652 cidades de todo o mundo (incluíndo 45 cidades do estado español) , dirixida pola London School of Higiene and Tropical Medicine, no Reino Unido, e a Universidade de Fudan, en China, na que colaboraron investigadores do Instituto de Avaliacion Ambiental e Pesquisa da Água, Consello Español de Pesquisa Científica, Barcelona (AT), e Departamento de Estatística e Pesquisa Computacional, Unidade Conxunta de Pesquisa en Saúde Ambiental da Fundació Universitat de València para a Promoción da Saúde e Pesquisa Biomédica da Comunidade Valenciana. Se ben os resulados non poden ser interpretados como plenamente representativos a nivel mundial porque as 652 cidades situáronse principalmente en Asia Oriental, Europa e América do Norte, cun menor número de cidades en América Latina e África o estudo representa a maior avaliación epidemiolóxica ata o momento sobre os efectos a curto prazo da contaminación do aire.

Os investigadores recolleron datos de series temporais de 652 cidades en 24 países no período 1986-2015 e aplicaron métodos estadísticos avanzados para comparar a mortalidade diaria coas concentracións de contaminación por partículas no aire emitidasm, especialmente para os tubos de escape dos vehículos.

Antonio Gasparrini, coordinador da rede de investigación colaborativa MCC, que compilou a base de datos, e un dos principais autores do artigo afirma que “aínda que o aumento porcentual da mortalidade parece pequeno, este risco pode levar a un exceso significativo no número de mortes, dada a exposición xeneralizada e as grandes poboacións que viven nas zonas urbanas “.

A aplicación da mesma metodoloxía de análise a este conxunto de datos internacional permite unha comparación crítica do risco entre poboacións de distintas rexións. Aínda que os investigadores identificaron algunhas diferenzas, puideron establecer unha asociación positiva nos 24 países, independentemente dos niveis de contaminación e do ambiente socioeconómico.

“A ausencia dun limiar perceptibel significa que é probabel que se produza un aumento substancial da mortalidade mesmo con baixa exposición a partículas. Estes resultados deben terse en conta á hora de avaliar os beneficios potenciais das intervencións para reducir a contaminación no ar urbano e revisar os valores limiares existentes para a saúde humana. “

Cando os investigadores examinaron a forma da relación exposición-resposta, non foron capaces de identificar un limiar, atopando aumentos significativos na mortalidade incluso en exposicións por baixo dos límites establecidos actualmente nas directrices de calidade do ar. O estudo suma evidencias sobre o posible vincallo causante entre a exposición á contaminación do ar e o aumento da mortalidade a curto prazo

Referencia:

Liu C, Chen R, Sera F, Vicedo-Cabrera AM, Guo Y, Tong S, et al. Ambient Particulate Air Pollution and Daily Mortality in 652 Cities. New England Journal of Medicine. 22 agosto 2019;381(8):705-15.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: