off
Editorial, Educación, Galiza — 21 Agosto, 2019 at 11:43 a.m.

Uniformes finos, tablets de marca e outras actividades de excluir

by

A educación privada serve principalmente para alumnos que teñen ambientes socioeconómicos mais favorábeis  e participa pouco  na formación dos alumnos de contornas desfavorabeis para a educación. Comedor o transporte, entre outras, son barreiras de facto que serven para escoller alumnado. 

 

No Reino Unido seica as escolas públicas piden uniformes caros para excluir familias con poucos recursos. Segundo un artigo publicado o pasado 24 de xullo en The Guardian, case unha de cada seis famílias di que os custos dos uniformes escolares significaba que eles precisaban cortar recursos destinados a alimentación. Emma Hardy, parlamentar traballista de Kingston , escrebeu ao secretário da educación, Damian Hinds, lle pida  ás escolas para pararen de forzar as familias a mercar uniformes escolares de marca, xa   que estaban “emulando escolas secundarias privadas”, prescrebendo uniformes proibitivamente caros, incluindo blazers de marca e até mesmo meias. Hardy fai parte dun comité de parlamentares que no início de xullo escoitou as familias sobre a pobreza nas férias escolares. Algunhas deliberadamente escolleran fornecedores caros para desencoraxar as familias con menos recursos, e que algunhas escolas receberan desconto dos fornecedores debido ao contrato exclusivo para seus uniformes. E mesmo que “as escolas tiran  diñeiro dos proveedores”, afirmou Hardy.

Unha pesquisa da Children’s Society no ano pasado descobriu que as famílias estaban gastando mais en uniformes escolares cunha media de £ 340 por ano para cada crianza no ensino médio, un aumento de 7% ou £ 24 desde 2015. Pais de crianzas da escola elementar gastou unha média de £ 255, un aumento de 2% desde 2015. A investigación constatou que case unha de cada seis famílias afirmou que os custos dos uniformes escolares eran responsábeis por reducir os alimentos e outros itens esenciais, en comparanza con un en cada sete en 2015.

Na España, a distribución dos alumnos de acordo coa súa orixe ou clase social segue unha lóxica nídia  os centros públicos asumen “case exclusivamente” a formación de alumnos oriundos de ambientes socioeconómicos menos favorábeis, explican os autores do estudo “Diferencias Educativas Regionales 2000-2016”  encanto os privados receben prácticamente todos os alumnos con recursos, co todas as distorsións que iso implica.

Hai un ano a Asociación Galega de Escolas Infantís ( AGADEI) lamentaba a situación que mais de 4.500 famílias ten de suportar, coa incerteza de non saber a cuantia que lles corresponderá ou de cando poderán comezar a cobrar o bono concilia (é un programa de axudas económicas directas ás familias para contribuír ao pagamento dunha praza nunha escola infantil 0-3 privada da súa elección) . O problema é exacerbado cando a Conselleria pretendeu outorgar primeiro as escolas concertadas e depois o bono concilia, que pode ser adiado até novembro ou decembro e son as famílias que no caso de se matricularen crianzas no mes setembro, que é cando o curso comeza, teñen que asumir o pagamento integral. Algo que para moitas economias familiares é un grande problema e que en moitos casos teñan que esperar pola chegada dese bono, para poder escolarizar seus fillos.

Alén diso, na escola secundaria piden unha tablet de marca, co-pagamentos, saidas e actividades complementares que moitas familias non poden pagar. Na Galiza fecharon nos últimos anos 49 escolas públicas, mentres que se criaron 243 aulas no ensino concertado.  No sistema educativo español os centros públicos forman por volta de 70% do alumnado e os privados -concertados ou non- 30% restante.

Os centros públicos e privados diferéncianse substancialmente polo perfil socioeconómico medio dos seus alumnos e alumnas. De distinguirmos tres niveis nas condicións sociais, económicas das familias da estudante (máis favorábel, medio e menos favorábel), podemos debullar como na Galiza nos centros públicos predomina o alumnado dese ‘entorno medio’: 80%, unha porcentaxe 20 puntos superior á media española (60%). 13,96% dos e das estudantes que cursan o ensino público son do ‘entorno menos favorábel’ – en España é 33%- e só 5,6% ven desa procedencia socioeconómica “máis favorábel”. Chámase segregación escolar, priva de oportunidades e reproduce as disparidades de orixe, nomeadamente daqueles alumnos que se enfrentan a maiores atrancos derivados da súa contorna socioeconómica .

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: