off

Sen permiso

by
Proaciva Open Arms

Afirma a vice-presidenta Carmen Calvo  que o “Open Arms” non ten permiso para resgatar”. Calvo fala do suposto “permiso para resgatar” como de mais unha autorización burocrática e os seus porta-voces mediáticos non dubidaron en atribuírlle conivencia coas mafias, tan grande é o poder atribuído á ONG catalá. Mas, que dicir dos vaticinios teimosamente repetidos que son descaradamente desmentidos polos feitos? Sabido é que os mariños levan toda a vida resgatando  no mar porque fai parte da ética e da estética da arte de navegar. Sabemos que calquer mariñeiro non dubidaria por un momento levar un náufrago a terra. Por suposto, de cando en vez os astrólogos atinan. E a ver se o adiviñan, porque calquera de nós poderia adicarse ao oficio mediático se formulásemos diagnósticos como o da caverna mediática, aparecidos con regularidade todos eles algures. Tamén os mariñeiros deben ser cómplices e favorecer a explotación dos inmigrantes.

O por qué do suceso das farsas e conspiracións explícao Karl Popper así: a psicoloxía da conspiración é unha variante do teismo que xurde porque as explicacións evidentes do que nos preocupa non nos satisfacen e o seu lugar é ocupado por grupos de presión responsábeis por planexar todos os males que sofremos. Pensemos na coita dos Casado- Rivera e portavocias mediáticas varias: como é posibel – pregúntanse- que un pequeno navío tripulado por 17 profesionais (12 deles son voluntarios) esten a facer o que a España e o resto da Unión Europea non son capaces de concebir? Debe ser porque están en conivencia coa mafia. Portanto, o problema non era como é posibel que un remolcador de 37 metros de eslora que formou parte da frota de Salvamento Marítimo Español esté a facer precisamente aquilo para que foi concebido, o salvamento humanitario, realizando  máis de 21 misións e resgate fronte as costas de Liba a  5.160 personas, senón que eses voluntários son cúmplices das máfias. A interpretación acañada absólveos de algún xeito das nosas responsabilidades porque nos fai pensar que un segredo ou unha trama están por trás do que nos preocupa e que esa “ocultación” constitui unha conspiracion contra nós. Por iso, afirma Popper, o seu cerne sempre son os enredos dos deuses e o interese paradoxal de quen presenta falsas conivencias e complicidades co ánimo conspirativo de acrescentar o temor ao outro. É a dereita, ao cabo,a que apresenta o tema dos imigrantes como “despolitizado”, quer dicer, como unha acción no inimigo ben argallada. Portanto, insiste Slavoj Žižek, cómpre non idealizarmos os refuxiados e aceptalos de xeito antihumanista, non como un problema moral, mas no recoñecemento de que todos nós somos extranxeiros.

Disque o goberno español non descarta consecuencias legais para o ‘Open Arms’ porque “non ten permiso para resgatar”. É evidente que un único país non pode acomodar toda a pobreza do mundo, mas tamén é verdade que os países ricos non acomodan mais de 20% dos refuxiados. A xestión da crise do “Open Arms” ten sido un absurdo do goberno Sánchez, que, con irritante desleixo, permitiu a Salvini facer sua  maré estofa, que nen enche nen vaza.
Carme Calvo repreende socorristas porque todos debemos cumprir a lei e ameaza multar a axuda humanitaria de Proactiva Open Arms obviando que o artigo 195 do Código Penal español tipifica como delito de omisión o deber de auxilio. Non é que non teñan permiso é que calquera navio ten o deber, non apenas moral, mas legal de resgatar náufragos. Mas tamén o artigo 10 do Convenio internacional Salvamento Marítimo. A sanción de até un millón de euros é unha idea do suposto goberno socialista que axiña copiou Salvini e serve para branquear o cinismo da estratexia europea de deixar morrer ás persoas no mar até cansaren de vir. Da falta de xeito e da política medoña, á demora e á asneira.
A Unión Europeia precisa dunha política de imigración decente para activar con dilixencia a distribución de imigrantes  e de políticos responsábeis ​​capaces de falaren con afouteza á cidadania. Unha vez en terra, son necesários recursos e iso significa impostos e estabelecer prioridades políticas. Precisamos de políticos e disidentes honestos e ousados nas decisións, ou teremos que nos conformar con sermos miserábeis que só resgatan Bancos sen permiso. 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off