off
Estado, Europa, Globalización, Politica internacional — 21 Agosto, 2019 at 6:36 a.m.

Procuradoria italiana apreende o Open Arms e manda desembarcar todos os migrantes

by

Tiña que ser a xustiza de ordenar o desembarque. Após de 19 días de espera inhumana  España tiña oferecido enviar un navio da sua Mariña para escoltar embarcación humanitária até ao porto de Palma de Maiorca, nunha viaxe que demoraria tres dias. Acontece en pleno proceso de demisión do partido do ministro Interior do Goberno – Matteo Salvini saiu da coligación co Movimento 5 Estrelas coa idea de obter novas eleicións que poderian dar unha maioria ao seu bloco de extrema-direita.

O navio Open Arms atracando esta noite en Lampedusa. Fonte: Ane Irazabal. International freelance reporter.

A Procuradoria de Agrigento (aantiga Akragas grega, de 55.000 habitantes) emitiu unha orde de apreensión do navio Open Arms, que hai dias está a cerca de un quilómetro de distancia da costa da illa de Lampedusa, e ordenou que os perto de 100 imigrantes a bordo desembarquen e onde ficará entre 48 horas e  10 dias legalment secuestrado.

Esta decisión aconteceu despois de o Goberno de Madrid ter anunciado o envio de un navio da Mariña para levar para un porto español -que debe ser na illa de Mallorca, no Mediterráneo – os ocupantes do navio, resgatados ao largo da Líbia e que hai 18 dias se encontraban à vista da illa italiana de Lampedusa, onde o ministro do Interior, Matteo Salvini, ten impedido que atraque. O primeiro ministro italiano, Giuseppe Conte, ha dimitiu, o que envia a Matteo Salvini fora do goberno, alomenos de momento.

A embarcación saiu esta terza-feira de Cádiz, con mantimentos, persoal médico e psicólogos. A situación a bordo do Open Arms está a deteriorarse e alguns migrantes voltaran a atirarse ao mar para tentar chegar a nado á illa italiana, mas foran levados de volta por socorristas. Após nove imigrantes a bordo do Open Arms se atiraran ao mar na tarde de onte, tentando alcanzar a costa a nado – repetindo un episódio ocorrido xa no fin-de-semana. Foran recollidos pola guarda-costeira en motos de auga e levados para a costa.

O Goberno italiano tiña oferecido un navio para levar os cerca de cen migrantes a España, mas com a condición de que Madrid retirase a sua bandeira ao Open Arms, para que este non poidese navegar mais ou poidese mesmo ser considerado pirata (agás se entretanto outro país lle fornecese o pavillón). Chegou a pensarse que habia un acordo, mas o Goberno español recusou retirar a bandeira ao navio, argumentando que esta ación está prevista apenas en casos de infracción moi grave.

O caso do Open Arms marcou a primeira vez en que un Estado recusou o desembarque de un navio con migrantes mesmo cando habia xa un acordo de distribución por outros países (que non incluía o país de destino).

Non é que o goberno español fixera o ridículo. É que que caverna mediática (El Mundo, La Razón, ABC) demostran a todos que non lles importan os náufragos refuxiados que poden usar para cargar contra Sánchez. Pór en destaque que La Razón e o ABC optan polas fotos do barco da Mariña Española e non polo Open Arms. Os dereitos humanos por diante de todo.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: