off
Cinema, Galiza — 17 Agosto, 2019 at 6:24 a.m.

Enciso gaña o premio ao Mellor Director no Festival de Locarno

by

A Asociación da Crítica de Cine Independente, que entrega o recoñecemento, destacou que se trata dun “filme indispensable, que afonda nos pregues da memoria e da historia co fin de sacar á luz, nunha longa viaxe a través da noite, os perpetuos mecanismos da opresión e a dominación”. ‘Longa Noite’ estrearase o 5 de decembro nos cinemas, mas antes particiará nos festivais de Toronto, dentro de la Sección Wavenlenghts, e Nova York, na sección Projections.

 

“Longa noite” é a terceira longametraxe de Enciso, despois de Pic-nic (2006) e Arraianos (2012), que xa fora seleccionada en Locarno e premiada no BACIFI de Bos Aires. O filme debruza en treitos de  Max Aub, Luís Seoane ou Ramón de Valenzuela para narrar con actores e actrices non profesionais a vida dun home que volta a súa terra  anos despois da Guerra Civil, descubrindo a través de conversas durante a súa viaxe como a propia guerra e a ditadura franquista transformaron as relación entre as persoas. de autores como e a partir deles busca “reconstruir o tempo da posguerra a través de narracións e memorias desa época”. Un filme coral no que  personaxes e voces amosan “unha imaxe da Galicia daqueles anos, en especial os mecanismos do poder nas sociedades totalitarias”, destaca o director.

Entre o elenco Misha Bies Golas, Nuria Lestegás, Celsa Arújo, Verónica Quintela, Manuel Pumares e Suso Mellán que protagoniza o filme producido por Filmika Galaika. Outro filme  Filmika Galica que participaba en Locarno, ‘Those That, At a Distance, Resemble Another’, de Jessica Sarah Rinland, gañou unha Mención Especial do Xurado na sección ‘Moving Ahead’.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off