off
América, Movementos sociais, Música, Política — 14 Agosto, 2019 at 12:18 p.m.

Woodstock hai 50 anos

by

O festival de Woodstock (Vermont, USA) tornouse hai 50 anos, nun evento irrepetíbel, tanto pola sua magnitude como polo espírito de comunión e contra-cultura que transmitiu. Simboliza a apoteose do movimento Peace & Love para sempre e talvez a ambición orixinal do rock de que a cultura xoven sexa capaz de mudar calquer cousa. O lendário evento nasceu, inicialmente, como unha iniciativa para promover a criazón musical na facenda Max Yasgur, no norte de Nova York. Paseniño os organizadores esperaban que, entre 15 e 18 de agosto de 1969, mais de 400 mil persoas ateigaran as leiras de lucerna para ouvir artistas como Janis Joplin, The Who, Crosby, Cocker, Stills, Nash & Young e Jimi Hendrix nunha canción colectiva para a liberdade. A resposta masiva e totalmente inesperada do público fixo a entrada de balde.

Durante tres dias, Woodstock tornouse un festival marcado por música, chuvas, lama, sexo ao ar libre e drogas como bons rousseaunianos selvaxes.  O festival foi pensado como unha forma de protesto pacífico contra as tensións políticas da época, e funcionou: Woodstock atraiu moitedumes que se opuñan á Guerra do Vietnán e às políticas de Richard Nixon. A consulta deixou imaxes icónicas, como a de un casal cercado por cobertores e no meio de un campo cheio de mozos e mozas que acabaran de acordar. Tamén deu boas-vindas a momentos míticos, como cando Jimi Hendrix entrou na cena vestido de indio e tocou o hino americano distorcido cunha guitarra eléctrica para provar que, apesar de ser contra a política militar dos EUA, non estaba contra o seu país.

Aquela comunión subsanou a falta de recursos (inicialmente o festival foi proxetado para 250 mil persoas) e fixo de Woodstock unha data única e imposibel de duplicar, inzada de momentos surrealistas. Os artistas tiveran que chegar de helicóptero porque as estradas estaban ateigadas e a xente furou nas cercas para poder acesar o festival. Apesar do suceso do evento, foran realizadas edicións posteriores do festival que non tiveran o eco ou o influxo do primeiro.

Moitos eran parceiros do Movimento pola Liberdade de Expresión, do S.D.S., do Verao do Amor e de Woodstock. Avaliando o impacto desa rebeldia política e cultural de mozos e estudantes dos anos 60,  ese movimento foi unha insurxencia pós-industrial. A dificuldade hoxe é que as forzas que se opoñen a ese movimento sen precedentes sentiran a ameaza de longo prazo daquela causa florescente (aos seus intereses e visión de mundo) moito mais de forma incisiva do que seus partidários. Mas como  argumenta Mark Fisher, unha cousa é imaxinar como é unha sociedade pós-capitalista, mas outra é imaxinar como a transición acontece. Esa dificuldade é, indiscutibelmente, como o realismo capitalista se impón. A recusa en participar pode transformar a desobediencia política en pura apatia. A arela de Abbie Hoffman por integrar a contra-cultura nunha práctica política radical, revolucionária, internacionalista e solidaria entre os membros dunha xuventude unida polo mesmo obxetivo revolucionário en oposición con que  os medios estigmatizaban como hippies. Ao cabo o que Woodstock visibilizou  foi aquela outra faceta dos Estados Unidos que reúne a xuventude revolucionária branca, negros e outras minorias – que non pode esperar tornarse unha maioria, a menos que o imperialismo sexa abalado nos cinco continentes. Esta é unha diferenza fundamental coa situación francesa, onde o proletariado, actor de axitação enmaio de 1968, ainda é visto como revolucionário.

50 anos após daquele evento, un dos co-fundadores do festival, Michael Lang, tentou organizar unha celebración similar sen suceso para comemorar o aniversário. Lang planexava reunir cerca de 150.000 persoas nunha nova edición con performances de Jay-Z, The Killers, Santana e John Fogerty, entre outros. O show, no entanto, fora cancelado duas semanas antes da data prevista. “Unha série de contratempos inesperados tornou imposíbel organizar o festival”, dixo Lang nun comunicado. Antes diso, Nova York organizou uma exposición con trinta imaxes da primeira edición do festival. En paralelo, a cidade de Bethel, onde o encontro histórico aconteceu, promoveu unha série de tres concertos nun local con capacidade máxima para 15.000 persoas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off