off
Cedeira, Ecoloxía, Meio ambiente, Natureza — 7 Agosto, 2019 at 12:14 p.m.

Que sentido ten esta demouca de árbores en Cedeira?

by

Protección Civil de Cedeira informou da queda dunha póla de álamo en riba dun veículo estacionado na estrada do paseo marítimo que, alén dos materiais, felizmente non provocou danos persoais. Porén, as imaxes mostran que a intervención  foi máis alá que arranxar a desfeita producida por unha póla. Cando pensa informar o Concello de Cedeira?

Alén da árbore afectada, tan precaria era a saúde do resto de árbores para ter que cortalas polo pé, mesmo as que están lonxe da estrada? É de supor que a intervencion foi realizada con coñecemento de causa, previsión de tala e replantado. Ou foi máis ben “por se acaso”, o típico arrebato causado polo dano material o que levou a un exceso de celo alegando a prevención de futuros danos persoais? Con certeza, cando non hai interese en chegar á cerna, o máis doado é a demouca. Cando non se sanean as árbores, quer álamos, quer olmos, eventos surreais como este acontecen asin, na total  indiferencia dun país botado a eucalipto que se vangloria de ofrecer paseos marítimos cementados e edificios en primeira liña de praia.

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off