off
América, Feminismo, Literatura — 7 Agosto, 2019 at 7:47 a.m.

Morre Toni Morrison, o feminismo máxico da Black America

by

A comprometida autora de ‘Beloved’ foi a primeira muller afro-americana que gañou o Premio Nobel de Literatura

Toni Morrison, laureada com o Premio Nobel de Literatura, cuxo best-seller explorou a identidade negra nos Estados Unidos – e en particular a experiencia esmagadora das mulleres negras – através de prosa luminosa e fascinante semellante a de nengunha outra escritora en inglés morreu na segunda-feira no Bronx.  Tiña 88 anos. Nascida Chloe Ardelia Wofford en Lorain, Ohio, onde seu pai era un soldador, Morrison escrebeu seu primeiro romance, “The Blueest Eye”, encanto criaba duas crianzas ela soa. Acordaba todas as mañas ás 4 da mañá para escreber. En 1958 casou con Harold Morrison, un arquitecto de Xamaica do que divorciou en 1964 porque, segundo afirmou, quería unha esposa tradicional e ela era incapaz de selo. Após o divorcio, Morrison comezou a traballar de editora en Random House, primeiro en Syracuse e logo en Nova York, onde durante dúas décadas editou autoras afroamericanas como a Angela Davis, Gayl Jones, Toni Cade Bambara e Muhammad Ali.

“É importante non ter unha visión totalizadora”, ten afirmado. “Na literatura americana temos sido tan totalizadas – como se houbese apenas unha versión. Nós non somos un bloco indistinguíbel de persoas que sempre se comportan da mesma maneira.”

Ao longo de sua carreira literária longa e excepcional trouxo unha carga de notícias sobre a vida dos negros na América  para millóns de leitores en todo o mundo. Moitas desas notícias abriram un abismo aos pés. Sua prosa poderia ser exuberante, ou crua e demótica, ou despreocupada e excentrica, moitas veces nunha única páxina. Na súa obra filtrou folclore, ritmos bíblicos, soños, voces de corais e unha profunda consciencia da historia. No mellor de seus 11 romances – entre eles, “The Bluest Eye” (1970), “Sula” (1973) and “Song of Solomon” (1977) –  transmutou a cuestión básica da existencia en fondas obras de arte. Na súa prosa engaiolante, ecoan cadencias da tradición oral negra. Como romancista, Morrison entendia que algumas feridas debian ser reabertas para se curar. Enxergaba a maioria das feridas supurantes sob a pele da vida americana. Alén diso tamén compreendeu, de maneira subcutánea, algo que Iris Murdoch colocou desta maneira: “Ser xentil non é o mesmo que ser bon”. De feito, o cenário de seus libros, a maioria deles localizados no Oeste Médio dos EUA, permite “fuxir de cenas negras estereotipadas”, dixo Morrison nunha entrevista, acrescentando que “eles non son nen plantação nen gueto”.

As narrativas de Morrison misturan as vozcs de mulleres, homes, crianzas e até fantasmas en polifonias entrefrebradas. Mito, maxia e superstición misturanse coas verdades cotidianas, técnica que liga seus romances aos do realismo máxico de autores latino-americanos- fenómeno por outro lado recorrente na moderna producción cultural de Galiza- a través  dun “feminismo máxico” tamén presente en Angela Carter, Isabel Allende e Laura Esquivel como estratexia de denuncia da opresión do mundo patriarcal.

Unha pesquisa de opinión do New York Times en 2006 con 124 autores, críticos e editores proeminentes considerou “Beloved” como a mellor obra de ficción norte-americana publicada nos últimos 25 anos. Considerada a obra mestra de Morrison, Beloved (1987) foi o seu primerio libro ambientado no pasado, após unha décadas da fin da guerra civil dos EUA. Foi eloxiado pola crítica mas non unánime. O crítico afroamericano Stanley Crouch cualificouno de  “romance do Holocausto coa cara pintada de negro”. Foi adaptado ao cinema por Jonathan Demme coa Oprah Winfrey de protagonista.

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: