off
Ecoloxía, Galiza, Meio ambiente — 7 Agosto, 2019 at 11:05 a.m.

A XII Limpeza Simultánea de Ríos será o 29 de setembro

by

Adega celebra en 2019 ca duodécima edición das limpezas simultáneas de río. Son xa doce anos nos que milleiros de persoas teñen participado nesta xornada de retirada de lixo dos nosos cursos fluviais. Millares de quilos de residuos foran retirados dos nosos ríos e ribeiras polo voluntariado participante.
O domingo 29 de setembro é a data na que se realizará a actividade. Para participar podes unirte a algún grupo organizado perto do teu concello ou ben promover a limpeza nun río actuando de coordinador/a.

Na web da limpeza Adega informa dos lugares onde se desenvolverá a XII Limpeza Simultánea de Ríos.

Máis información:

Teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038
e-mail: pacobanhobre@adega.gal
proxectoriosgaliza@gmail.com

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off