off

Sánchez descobre a democracia orgánica

by

E haberemos de profundar no misterio das cousas
Coma se fósemos espías de Deus?
(Shakespeare. O rei Lear)

Na súa ánsia de acabar con Unidas Podemos e o seu devalante prestixio, Pedro Sánchez instalouse nun redemuiño. Apenas abrazou a democracia orgánica como arma letal para o sorpasso aos morados. Entre a avanzada en comparanza coa ditadura, a Transición deixou para trás a “democracia orgánica” na que baseou  a súa usurpación o franquismo. Familia, concello e sindicato (en singular e vertical), órgaos de representación daquel réxime caudillista (os seus practicantes eran chamados “procuradores”), cederon posto e cargo aos partidos políticos e o consecuente exercicio de dereitos e liberdades. Daquela a Constitución de 78 consagrounos no seu artigo 6º como axentes fundamentais que “expresan o pluralismo político, concorren á formación e a manifestación da vontade popular e son o instrumento fundamental para a participación política”. Ola, democracia parlamentaria, benvida.
Pois ben, velaquí que o presidente do Goberno en funcións, saltar e brincar todo é traballar, decide iniciar a súa particular rolda de consultas para apañar unha segunda investidura, non cos partidos políticos senón con membros escolleitos da sociedade civil, asimilados como lobbistas cortesáns (vulgo estamentos). Remedando ao Luís XIV do “Estado son eu”, nunha versión profana dos “venres sociais”, Sánchez emprazou na Moncloa a grupos feministas (“non, miña rula non, os socialistas temos traballado”), sindicatos (dous en persoa e un en esencia), colectivos da ciencia, asociacións da cultura e demais  abaixoasinantes que adoitan activarse en favor da esquerda institucional en época eleitoral. Descoñécese se no casting para o beixa-maos presidencial figuraban os activistas en defensa dos emigrantes que denunciaron o criminal boicot de Fomento aos barcos de salvamento marítimo da ONG Open Arms e Aita Mari; os ecoloxistas opostos ao superpelotazo da Operación Chamartín, ou os grupos antimilitaristas que colocaron a España no ranking da indecencia ao vulnerar a lexislación internacional por vender masivamente armas en zonas de guerra e a Estados que sistematicamente vulneran os dereitos humanos, como Arabia Saudita. E postos a presumir de sociedade civil, por que non unha representación de estrelas de baloncesto, que tanto ascendente político ten no sanchismo?
Todo para cernar a herba baixo os pés de Pablo Iglesias nese niño de vespas que é agora UP, e conseguir que acepte gratis et amore un goberno do PSOE monocor (como por outra banda xa ditou por unanimidade a Comisión Permanente de Ferraz).A esa chantaxe chámao solución “á portuguesa”. Mas trátase doutra miraxe do “renascido”. Spain is different, porque o que vende Sánchez non é un goberno de esquerda tal cal como en de o país veciño, xa que á parte de Unidas Podemos o PSOE necesitaría o concurso de partidos conservadores e mesmo confesionais, como o PNV, para ficar arexado. Mas o máis importante, o seu homólogo luso Antonio Costa non chegou ao Goberno grazas a un partido situado á súa esquerda, coma se ocorre aquí con Unidas Podemos, factótum do triunfo da moción de censura que soergueu a Sánchez. Á parte de que o acordo programático que agora oferta o presidente en funcións, como alternativa á súa “non, é non” a unha coalición con Iglesias, xa se tentou co pacto orzamentario que o líder socialista incumpriu no seu noventa por cento.
A decisión de Pedro Sánchez de satelizar a colectivos sociais outorgándolles status de representantes preferentes da sociedade civil, é unha suma e segue ao veto contra Iglesias con descualificación democrática incluída e do infame ?vostedes non teñen experiencia de xestión de gobernos?, esgrimido durante a súa última intervención. Outra bóla monumental. Precisamente Unidas Podemos gobernou co PSOE na Comunidade de Castela A Mancha a pasada lexislatura, e acaba de entrar nos executivos de Valencia, Aragón e Navarra. Como dicir que de ceder ás pretensións de UP sería tanto como ter dous gobernos nun, cada un polo seu lado. Un insulto á intelixencia. Que llo digan aos 19 gobernos de coalición que actualmente existen na Unión Europea dos vinte e oito, tampouco son de recibo para a “taxonomía sanchista” A mentira ten as patas curtas mas tórnanse alancadas olímpicas se, como acontece co PSOE, conta co botafumeiro dos principais medios de comunicación (enquisa vai, editorial vén) e restantes axentes de superior influencia. Aínda que sexa para forzar un embaimento, a Sánchez tamén lle piace a democracia iliberal.
Nada é verdade ou mentira, todo é reversibel. A fronte do “si” que está a configurar Sánchez ca súa trapaza de “democracia orgánica” para tombar a Iglesias, é o mesmo pero ao revés do que hai dúas semanas conxurouse na beira contraria. Cando desde as sondaxes do CIS, pasando por CCOO e UXT, e terminando cos profesionais que subscribían o manifesto “Por un goberno de progreso xa”, pedían a berros un Executivo a dous entre PSOE e Unidas Podemos. Certo que, arrieiros somos, eles tamén poderían argumentar no seu descargo que o primeiro en faltar á acordado foi as propio Iglesias ao autoexcluirense despois que a militancia se decantase con afouteza por un goberno de coalición sen vetos. En política, mentres a xente o tolere, o de “eu non son sempre da miña pròpria opinión? seguirá sendo de comuñón diaria.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off