off
Galiza, Historia, Politica espanhola, Politica internacional — 6 Agosto, 2019 at 6:43 p.m.

España será denunciada na ONU pola vulneración da normativa internacional de Dereitos Humanos

by

Mañá ás 11h diante da Casa Cornide na Coruña, serán apresentadas novas  iniciativas do BNG relacionadas coa recuperación a memoria histórica e a devolución dos bensn incautados polo franquismo.

En rolda de prensa,a eurodeputada Ana Miranda, o concelleiro da Coruña Francisco Jorquera e o historiador Carlos Babío  explicarán o contido da denuncia en relación a vulneración da normativa internacional de Dereitos Humanos por parte de España  e en relación ao acceso a documentación relacionada co franquismo e a vixencia de fundacións como a Fundación Nacional Francisco Franco, por mor da Resolución sobre o avanzo do neofascismo en Europa, da que Ana Miranda é coautora, e aprobada no Parlamento Europeo o 25 de outubro de 2018.

Francisco Jorquera debullará a denuncia presentada pola familia Franco contra os activistas defensores da devolución dos inmobles incautados durante a ditadura e cuxo xuizo será o 5 de novembro en A Coruña. Dos activistas denunciados participarán na rolda de prensa Salvador González, Carolina Fernández, e Daniel Carballada.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off