off
Europa, Galiza, Música — 5 Agosto, 2019 at 9:25 a.m.

Galiza, país convidado no Festival Intercéltico de Lorient

by

Por 4ª vez, Galiza é  a nación de honra da 49 edición do Festival Interceltique de Lorient. Esta fin de semana comezou o Intercéltico de Lorient, onde Galiza é o país convidado e no que a música galega é a protagonista, con ducias de actuacións. Música, danza e gastronomía convídannos a amosarlle ás outras Fisterras os celtas do sul. Do 2 ao 11 de agosto de 2019: Année de la Galice – “« L’autre Finistère : au bout du chemin, la joie et la chaleur des celtes du Sud “(Ano de Galiza- “A outra Fisterra: ao final do camiño, a alegría e o pulo dos celtas do sul “.

300 artistas galegos e galegas participaron no desfile, que foi seguido nas rúas da cidade bretoa por 70.000 persoas.

O Festival Interceltique de Lorient naceu da vontade dos seus fundadores de contribuír á desenvolvemento da música e cultura bretona mas tamén para amostrar as nacións de asentamentos celtas: Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man, Irlanda, Galiza, Asturies , e en todas as diásporas: Acadia, Arxentina, Australia, México … Lorient, capital interceltica. Evento ineludibel das expresións contemporáneas dos países celtas, o Festival Interceltique de Lorient propón cada ano concertos, animacións culturais, artísticas, conferencias, exposicións, gaitas, un mercado intercéltico, un obradoiro das artes e dos luthiers.

“Para nós, pertencer a este mundo, ao Festival Celta de Lorient, é un orgullo. Está clarísimo que somos diferentes ao resto de España: temos a nosa propia cultura, temos o noso propio idioma”, afirma Pablo Seoane, responsabel da delegación galega

Até o 11 de agosto ducias de artistas e bandas galegas serán protagonistas. Milladoiro (7 de agosto), Mercedes Peón (actuará no concerto de peche do festival, o vindeiro 10 de agosto), Carlos Núñezo (8 de agosto), Xosé Lois Romero & Aliboria ,Tiruleque, Pablo Seoane, Xacarandaina,Xirandela, Tiruleque: Cortellas, Abraham Cupeiro, Davide Salvado, que actuou o sábado no concerto de presentación de Galizaa como país convidado, Bouba Pandereteiras, Banda de Gaitas de Forcarei.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off