off
Cedeira, Cultura, Pintura — 4 Agosto, 2019 at 10:12 a.m.

5a edición do certame de Pintura Rápida de Cedeira

by

O Concello de Cedeira vén de convocar o Certame de Pintura Rápida Vila de Cedeira, que este ano chega a súa quinta edición e que se celebrará o día 25 de agosto.
Trátase dunha convocatoria aberta á participación de afeccionados e profesionais, que este ano repartirá un total de 1.800 euros en premios. Así, a devandita cantidade repartirase entre os 800 euros que recibirá o primeiro clasificado, os 600 cos que se premiará ao segundo e os 400 que a organización entregará ao terceiro.
O concurso dará comezo ás dez da mañá e rematará ás cinco da tarde. As persoas interesadas deben apuntarse, antes das 10.00 horas, no punto de información turística situado na praza da Marieta.
A decisión do xurado, que estará integrado polos pintores Adrián Taracido e Jane Danko e a concelleira de Cultura Ermitas García, darase a coñecer ás seis da tarde na sala Áncora, onde permañecerán expostas as obras até as oito da tarde.

Na anterior edición participaron 14 artistas e da que resultaron gañadores Andrés Gabarres, Roberto Castro e Pío Costa.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: