off
Desporte, Galiza — 27 Xullo, 2019 at 9:45 a.m.

Xogos mundiais de futbol gaélico

by

Mañá comezan en Waterford, Irlanda, os Xogos Mundiais de fútbol gaélico, nos que compite a selección galega masculina e feminina. As equipas, patrocinadas por PuntoGal, enfrontaranse primeiro a Arxentina e Bretaña o luns 29 de xullo. As rapazas comezan primeiro, ás 10.00 (hora Irlandesa) no Waterford Institute of Technology de Waterford contra Bretaña, rival coñecido co que xa se confrontaron o ano pasado nos Eurogames. Os homes farano máis tarde, ás 12.30 (hora irlandesa), contra Arxentina, no que xa é un clásico mundialista, e que nos bateu na final do Mundial Abu Dhabi 2015.

No 2016, nos xogos mundiais de Irlanda, o equipo feminino foi quinto e o masculino, terceiro. E o pasado ano elas foron campioas de Europa e eles foron subcampións.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: