off
Incendios, Meio ambiente, Portugal — 22 Xullo, 2019 at 8:32 p.m.

Portugal loita por terceiro dia consecutivo contra o lume que afecta o centro do país

by

8.500 hectáreas queimadas

Portugal volve ter un verao complicado polos incendios. Os bombeiros traballan polo terceiro dia consecutivo na extinción do incendio declarado o sabado na Vila de Rei, no centro de Portugal, e que ràpidamente espallou ao concello veciño de Mação afectando un perímetro de 50 quilòmetros.

Na extinción do fogo, o pior no que vai de verao, estan a traballar 800 bombeiros. A sua principal preocupación é que volvan a empiorar as condicions meteorolxicas co aumento das temperaturas e o cambio de direción do vento, tal como aconteceu no domingo.

As autoritades ainda non deron cifras oficiais do tamaño do incendio, mas o laboratorio de lume da Universidade de Trás-os-Montes calcula, segundo os media locais, que xa arrasaran 8.500 hectàreas. Por volta de trinta  persoas foran atendidas polos servizos mèdicos das que somente unha está grave e fora levada a unidade de queimados  dun hospital de Lisboa.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off