off
Movementos sociais, Política — 9 Xullo, 2019 at 12:53 p.m.

“Los labios apretados” de Sergio Montero no Ateneo Ferrolán

by
O vindeiro venres 12 de xullo ás 20h proxectarase no Ateneo Ferrolán o documentario “Los labios apretados” do documentalista asturiano Sergio Montero sobre a Revolución de Asturias de 1934.

Sergio Montero recibiu o premio á mellor cinematografía  documental no  South International Film Festival  2019 pola súa ópera prima. O filme foi rodado en Uruguai, Arxentina e Asturias durante  nove anos. A investigación levada a cabo  esixiu a visita a 22 arquivos de 5 países diferentes. O proxecto enfita  “a historia non contada da revolución de outubro do 34, reflexionando sobre como unha sociedade transmite a súa memoria ás seguintes xeracións”.

Los labios apretados (Teaser) from Carlos Plusvalias on Vimeo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off