off
Europa, Globalização, Movementos sociais, Politica internacional — 30 Xuño, 2019 at 3:48 p.m.

Eurodeputadas instan ao Estado español a prohibir a Fundación Francisco Franco, cuxa existencia é unha «anomalía democrática»

by

Ana Miranda, eurodeputada galega, criticou o “silencio” do Parlamento Europeo ante diferentes “expresións de neo-fascismo en Europa” e puxo o foco nas “actitudes fascistas do goberno italiano”, despois da detención en Lampedusa de  Carola Rackete, capitana do buque Sea Watch, que tiña a bordo 40 inmigrantes resgatados no Mediterráneo.

Segundo informou a BNG, Ana Miranda, a deputada sueca Soraya Post (S & D) e a italiana Eleonora Forenza (GUE), promotores da resolución contra o avance do neofascismo en Europa, apelaron ás democracias europeas e, en concreto , ao Estado español, para que cumpran coas directrices establecidas no documento aprobado o 25 de outubro.”Temos unha valiosa ferramenta para frear o avance do fascismo, que no seu artigo 20 insta aos Estados membros a prohibir as asociacións e organizacións que defenden o fascismo e o nazismo”, subliña Miranda, xunto con Post e Forenza.

Critica o silencio do Parlamento e do seu presidente en situacións como a de Italia e a Fundación Francisco Franco  de España

A eurodeputada do Bloque lembrou que na resolución o Parlamento Europeo insta ao Estado español a prohibir a Fundación Francisco Franco, cuxa existencia é unha “anomalía democrática”. “Mentres o Estado español non cumpre unha resolución europea, os descendentes do ditador actúan con total impunidade”, denuncia o eurodeputada do Bloque, en referencia ás accións xudiciais contra o colectivo 19 de Meirás e o investigador Carlos Babío por pedira devolución do pazo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off