off
Cedeira, Música, Teatro — 21 Xuño, 2019 at 7:44 a.m.

Cedeira participará nos programas “Alicerce” e “Escena ao Vivo” da Deputación

by

O Concello de Cedeira vén de subscribir un convenio coa Deputación da Coruña polo que garante  dez actuacións, entre musicais e teatrais, ao longo do  ano.

A institución provincial achegará 41.454 euros (60%) dos algo máis de 69.000 euros orzamentados na participación do Concello na Rede Cultural da Deputación da Coruña, en concreto, no programa “Alicerce” (dirixido a grupos de música, danza e teatro non profesionais), no ciclo “Escena ao Vivo” (espectáculos de intérpretes profesionais de música) e no programa de espectáculos profesionais de teatro e monicreques. A administración local contribuirá ao fomento da cultura con máis de 27.600 euros (40%). Entre outras actuacións están previstas a da compañía ortegana Ultreia, o grupo de rock galego Heredeiros da Crus, o tenor Borja Quiza, a formación Brassica Rapa, Fantoches Baj,o dúo Ella e Dylan, e as compañías Culturactiva, Rilo &Penadique, Rojo Telón e Larraitz Urruzola.

Todos os programas citados,conforman o espazo de oferta cultural impulsada desde a Deputación, cos concellos e entidades sen ánimo de lucro da provincia, baixo a denominación conxunta de Rede Cultural. Segundo as súas Bases “A Rede Cultural é un espazo de programación artística que ten como obxectivo principal garantir unha oferta cultural diversificada e de calidade nos municipios da provincia. Oriéntase, polo tanto, a favorecer a capacidade dos concellos da provincia para desenvolver programacións culturais para os seus veciños e veciñas”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off