off

A xeopolítica é así: cando non, é si

por

Unha vez lle perguntaran a Pablo Iglesias por qué se Podemos era un partido de esquerda radical antisistema o seu secretário xeral traballaba para Hispan TV, a produtora financiada polo rexime feminicida e teocrático do Irán. A resposta do líder da formación morada foi campanuda: “a xeopolítica é así”. Nen ética nen estética.
Pois bem essa forma de facer pátria, a vella política da caste, é a que imperou no processo de investidura que acaba de concluir no ámbito local como consecuencia dos resultados eleitorais do 26-M. Unha coua é o que votaran os cidadás convocados às urnas, e outras muitas o que finalmente ficou refletido na conformación das corporacións. Unha espécie daquele “todo o vale, todo se aproveita, de un corno se fai unha cabide”( parece allo, mas é bugallo).
O que acontece é que semellante balanzo que deixa espido o mandato da cidadania, ten un xulgamento diferente segundo como  e quen o protagonice. Vexamos alguns exemplos dese desvergoñado tráfico de mercadorias que chaman a política realmente existente, sempre de curso legal:
-O PSOE perdedor nas eleicións xerais, desaloxa do poder ao PP gañador con axuda de unha coalición arco da vella de partidos minoritários através de uma moción de censura, o que o desaparecido dirixente socialista Alfredo Pérez Rubalcaba denominou no seu dia “goberno Frankenstein”.
-A investidura do novo presidente da Junta de Andaluzia, o popular Juan Manuel Moreno, fruto de um acordo entre o PP, Ciudadanos e Vox (mas sen os neofranquistas no executivo) que arrebatou o cadeira de San Telmo a Susana Díaz, gañadora das eleicións, foi contestada cunha “alerta antifascista” por parte da esquerda. Até o ponto de autocarros fretados polas cúpulas dos “derrotados” para traer gratuitamente a Sevilla a unha moitedume de filiados e simpatizantes a boicotar o acto.
-PP e Ciudadanos conseguen fazcer coa cámara municipal de Madrid apoiados por Vox (repetindo formato bético, sen cadeira no goberno), onde tiña gañado a candidatura “Más Madrid” encabezada pola anterior presidenta da cámara municipal Manuela Carmena, apesar de que a executiva de Ciudadanos tiña dito por activa, pasiva e perifrástica que nunca negociarian co partido de Santiago Abascal.
-En Burgos o PSOE conseguir fazcer coa cámara municipal con algo que lembra ao famoso “tamayazo” madrileno ao rachar cos ultras de Vox o pacto previamente subscrito con PP e Ciudadanos e votarse a si mesmos. En Torremolinos, por sua vez, os socialistas levaran o bastón grazas ao apoio de un ex-conselleiro de Vox.
-En Castela A Mancha, as corporacións locais de Albacete e Ciudad Real ten repartido salomónicamente PSOE e Ciudadanos, que é o partido do govberno da nación e un dos membros rotulado como “trifachito” en dous anos de xestión por acrónimo.
-E terminando polo comezo, en Barcelona Ada Colau repetiu á frente da cámara municipal com os tres votos decisivos do grupo de Manuel Valls integrado em Ciudadanos, apesar da sua declarada hostilidade ao Procés e cando un membro da corporación, o membro de Junts per Barcelona, Joaquín Forn, tvio que asistir à tomada de pose conducido pola forza pública desde o cárcere onde “cumpre condenación condicional” até que os tribunais determinam se houbo crime ou non durante os dias do I-O. O embarazo desa alianza contra natura, repudiada e atacada por numerosos cidadás (non fretados) que desde a rua gritaban “Colau, fraude”, tivo o seu momento de éxtase cando o ex primeiro-ministro socialista da Françza tomou a palabra desafiante para afirmar ante os presentes que no reino de “España non hai presos político nen exilados”. En “la Ciutat Comtal? a opción vencedora tiña sido a encabezada polo republicano Ernest Maragall, que conseguiu o mesmo número de vereadores que Ada Colau mas mais votos para ERC. Que ten en comun a “Barcelona em Comú” de Colau co cem-pés do 155 e apoloxista do “a por ellos”?
A xeopolítica é así: fai estraños parceiros de cama.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: