off
Cedeira, Galiza, Historia — 14 Xuño, 2019 at 9:14 a.m.

Paso para a criazón da sección da Asociación Cultural Memoria Històrica Democràtica

by

[Pingota Comunicación] A veciños e veciñas  de Cedeira deran un paso máis cara ao coñecemento da súa historia máis recente coa iniciativa de crear dunha sección local da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. O primeiro encontro tivo lugar o pasado sábado e a intención dos seus promotores é a celebración dun segundo, que se prevé para próximas datas e do que xa sairán as primeiras mesas de traballo. A idea é afondar na recuperación da memoria da veciñanza represaliada e investigar así mesmo sobre outros acontecementos e protagonistas da historia social da vila, “para consolidar a súa lembranza e transmitila, sobre todo, ás novas xeneracións”. Por estes motivos, demándase a colaboración dos veciños e veciñas, tanto á hora de asistir á próxima reunión como á de achegar fotografías, testemuños e documentos cos que se poida recuperar a memoria colectiva de Cedeira.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: