off
Arquitectura, Arte, Cedeira, Literatura — 12 Xuño, 2019 at 7:56 p.m.

Mural rosaliano na biblioteca López-Cortón Cedeira

by

O rosto e os versos de Follas Novas pasan a facer parte da paisaxe urbá da vila de Cedeira. A pagana fonte da Pixana, coa sua minerval coroa de loureiro, atopou no seu curruncho vilego a millor das compañas en Rosalia de Castro, cuxos versos aparecen no Mosaico do «Album de la Caridad»,  que contén poemas dos primeiros Xogos Florais de Galiza de 1861, primeira escolma das letras e símbolo do Rexurdimento nacional  de noso (nas súas páxinas figuran algúns textos sobranceiros na literatura galega entre os que se atopan A gaita gallega ou Cantares gallegos) e que foran finanzados polo indiano cedeirense Xosé Pascual López Cortón que dá nome a biblioteca municipal que dende hoxe tamén fica asociada ao espirito rosaliano.

 

 

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: