off
Galiza, Meio ambiente, Natureza — 10 Xuño, 2019 at 12:13 p.m.

O Bloque advirte á Comisión Europea das verteduras de lodos na illa de Sálvora

by

A ria de Arousa mobilízase contra o proxecto de vazamento de lodos autorizado por Portos de Galicia

A eurodeputada do BNG Ana Miranda enviou esta segunda-feira  á Comisión Europea un comunicado na que denuncia “a existencia de vazamentos” na contorna da illa de Sálvora procedentes do dragado do río Lérez.  Pon en causa “a autorización de Portos de Galicia para a realización deste depósito de residuos ( 330.000 metros cúbicos de lamas) nun espazo ambiental, pesqueiro e de marisqueo”, tendo en conta que a illa pertence ao parque nacional das Illas Atlánticas.

“Este é un ataque ambiental e económico para esta área que hai que parar agora”, afirma. Na súa opinión, de feito, “só se pode describir como irresponsabilidade total” que Portos pon “seriamente en perigo centos de empregos”  se ben precisa  aínda o visto e prace da Consellería de Medio Ambiente.

Pola súa banda, o departamento de Rosa Quintana lanzou esta segunda-feira unha “mensaxe tranquilizadora” ao sector da pesca e dos produtos do mar sobre a dragaxe do Lérez. Afirma que se está estudando a posibilidade de levar os lodos fóra da ría de Pontevedra, se ben afirma que aínda non se decidiu o punto de depósito das lamas.

As confrarías criticaron abertamente o feito de que Portos de Galicia autorizara esta operación sen consultar o sector e non ter sido informados. Os patróns maiores da Ría de Arousa, encabezados polas confrarías de Ribeira e Aguiño, posicionáronse publicamente contra o proxecto de vazamento .

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off