off
Cedeira, Política local — 30 Maio, 2019 at 4:34 p.m.

Carta do BNG á cidadanía cedeirense

by
Debido á cantidade de mensaxes que estamos a recibir, o BNG Cedeira atopámonos na necesidade de clarexar definitivamente certos aspectos da situación derivada do desenlace das eleccións municipais celebrada o domingo 26 de maio:
O primeiro sería facer chegar o agradecemento a toda veciña, veciño ou funcionari@ do concello que está a agradecer o noso traballo e sentir a nosa marcha. Máis aquelas mensaxes un tanto surrealistas nas que se nos parabeniza polo “triunfo” temos a obriga de lembrar que nós non somos parte da candidatura de Pablo Moreda, está claro que cando nós diciamos “Agora unha Alcaldesa” e “Vota BNG” é porque somos unha organización que nada ten que ver co PSOE e que a nosa pretensión era acadar o goberno da alcaldía como BNG e polo tanto somos perdedoras/es destas eleccións.
En segundo lugar recordar a aquelas e aqueles que nas contas dixitais do Concello dan a noraboa ao PSOE afirmando que o traballo ben feito ten a sua recompensa… sen ánimo de acritude… non hai nada mais falso.
De ser certa esa afirmación o reparto do voto non sería 1905 votos para o PSOE e 757 para o BNG, cando menos tocaría ao 50% esa recompensa. Nós consideramos que tocaría máis para a nosa organización política dado que @s nos@s concelleir@s xestionaron máis e mellor incluso en áreas que non lles pertenecían ainda sen remuneración  e sen desatender as obrigas laborais das nosas concelleiras nos seus respectivos traballos e sen tempo libre os fins de semana. Nós nos tivemos esa habilidade nin o tempo libre remunerado para facerllo chegar @s nos@s veciñ@s, entendimos que con honestidade, moito traballo e vocación de servizo público isto chegaría á maioría. Erramos.
Nós asumimos a nosa derrota e polo tanto entendemos que a nosa obriga é pasar a facer oposición ao novo goberno municipal que da fin a outro que sempre vai quedar para o recordo, o finiquitado “goberno galeguista e de progreso”. Como  terceira apreciación para aqueles que aconsellan ao goberno entrante que teñan en conta e a man tendida polo bo facer das nosas concelleiras, dicirlles que si a nosa estratexia de pacto co Psoe foi un fracaso electoral, sabendo que isto podía acontecer e valorado na asemblea local xa que sempre acontece así, que o Psoe se beneficia dos acertos compartidos e dos nosos propios éxitos de xestión.
Imaxinen que acontecería de abandoar as nosas obrigas de oposición após o castigo electoral que acabamos de padecer e facer de muleta dun goberno entrante.
Sabemos que temos mellor equipa e unha organización que ten proxecto con ideas claras e capacidade para o noso concello e para a nosa nación.
Tempos virán.
Adiante co Bloque Nacionalista Galego.
En Cedeira a 30 de maio de 2019

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off