off

As defensas do xuizo do Procés exiben en vídeo a brutalidade policial do 1-O

by

Os vídeos confirman a ausencia de violencia para xustificar a acusación de rebelión 

A imaxes da Fiscalia no referendo e do 20-S desacreditan a história dos axentes. A Fiscalia agochou grande parte das cargas policiais nos seus videos do 1-O. Segundo expreme elnacional.cat “os vídeos que están sendo mostrados no xulgamento mostran claramente a resistencia pasiva e o exercício do dereito de manifestación. Sen incidentes mas eses mesmos vídeos mostran como a polícia axiu na frente de persoas de todas as idades que estaban sentadas no chao ou plantadas diante do colexios eleitorais e como a polícia de choque da polícia española e da Guarda Civil chegou a carregar obviando o princípio de proporcionalidade que solicitou o mesmo xuiz do TSJC”. Alén diso, hai fotografias de como os agxentes españois selaran as urnas sen calquer oposición por parte dos manifestantes. As comitivas xudiciais están claramente surxindo sen problemas coa urnas”. Todo iso fornece unha panorámica lonxe de suposta  “face da raiba” e “chutes nos testículos” que os policiais informaran cando apareceran como testemuñas.

 

https://spanishpolice.github.io/

 

 

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off