off

PP continua a recuar nas eleicións municipais encanto o PSOE gaña impulso

by

O PSG-PSOE obtén a hexemonía municipal en Cedeira  co 51,21% (7), o PP  acada o 27,28% (4) e o BNG o 20,35% (2), ficando a 5 votos do terceiro edíl.  O máis salientábel é a diferenza de suma de esquerdas sobre a dereita xa que non era óbvio que o PP puidese perder O traslado de votos do PSOE ao PP non é frecuente e dado este precedente


O PSdeG gaña as eleicións europeas en Galiza con cinco puntos de vantaxe sobre o PP encanto que o BNG acada un grande aumento ao duplicar apoios respeito a 2014. O BNG acredita asín o seu avanzo duplicando os resultados de 2014 nas eleicións europeas e as Mareas sofren un severo revés.  O BNG repite como a lista máis votada en Pontevedra

O BNG, integrado na coalición Agora Repúblicas,  foi a terceira máis votada ao sumar perto de 168.000 papeletas e o 11,8% do total de emitidas, o que supón máis do duplo dos obtidos baixo o paraugas da candidatura de Os Pobos Deciden en 2014 (daquela foron algo máis de 80.000).

O PP volveu ser a forza máis votada en Ferrol, como hai catro anos. Porén, como daquela, é probábel que iso non sexa abondo para gobernar. Os populares atinxen 12 edís mentres que PSdeG (8), Ferrol en Común (3) e BNG (2) suman 13.Ferrol en Común, perde 3 concelleiros, ao devalar de 6 a 3 asentos. De 22% a 10,5%. Perdeu máis da metade dos apoios.  PSdeG atinxe 8 cadeiras, 3 máis que hai catro anos, ao sumar case 30% dos votos, o que é un aumento considerábel a respecto de 2015, cando lograra menos de 19%.  O BNG mantén, pola súa banda, os seus dous representantes, obtendo case 7,5% dos apoios.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off