off
Cedeira, Eleccións 24-M 2015, Política local — 27 Maio, 2019 at 7:51 a.m.

A sorpresa de non poder reeditar un goberno bipartito de esquerdas en Cedeira

by

O PSG-PSOE obtén a hexemonía municipal en Cedeira  co 51,21% (7), o PP  acada o 27,28% (4) e o BNG o 20,35% (2), ficando a 5 votos do terceiro edíl.  O máis salientábel é a diferenza de suma de esquerdas sobre a dereita xa que non era óbvio que o PP puidese perder. O PSOE de Pablo Moreda recibe traslado de votos tanto do PP como do BNG. O PSOE volveu comer as papas na cabeza do soberanismo de esquerdas. Malia o bo resultado o BNG sofreu un sorpasso do PSOE debido talvez a unha certa confusión do eleitorado á hora de diferenciar propostas e o legado de goberno das concellerias do BNG e ANOVA  e unhas eleicións municipais moi próximas no tempo das eleicións xerais que serviron para favorecer as formacións estatais que optaban á presidencia do goberno español, un protagonismo que  opacou non poucas candidatas e candidatos ás alcaldías. Incluída a falta de presencia e debate das europeas  malia o impacto das políticas comunitarias na vida da xente e no entanto, continuan a xerar déficit de complicidade e empatia.  O que fica nídio, aquén e alén do local é que Pedro Sánchez soubo captar a oportunidade de situar as eleicións  xerais a tan pouca distancia das de onte. Acadando unha ondaxe a favor que o levou a gañar as europeas, tamén na provincia da Coruña e Pontevedra, e alargar o seu poder institucional, local e autonómico. 

Manténdose  a tendencia que abreu hai catro anos a posibilidade dun goberno tripartito en Cedeira,  a correlación de forzas  entre esquerda e dereita, con tres candidaturas nas que o PP polarizou en solitario o voto da dereita  e concentrándose o soberanismo na candidatura do BNG. Porén, quen sofreu desgaste foi a esquerda galega e non a estatal do PSG-PSOE, malia o Bloque aumentar a súa porcentaxe de voto (de 13.61% en 2015 a 20,59% en 2019) e estar a piques, apenas por 5 votos, de acadar a terceira acta. 

Para o soberanismo de esquerdas talvez tirar a lección de volver a traballar como un lobo e traballar de alma; nunca poderá facer de asteroide e partillar os rendimentos de poder das faragullas eleitoralistas.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off