off
Cedeira, Eleccións 26-M 2019, Galiza — 26 Maio, 2019 at 9:41 a.m.

Só o 25,5% das candidatas a ser eleitas alcaldesas son mulleres

by

Unha de cada catro candidaturas municipais están lideradas por mulleres. Os partidos continuan lonxe da paridade  e os homes acaparan postos preferentes. En Cedeira, das tres candidaturas presentadas, unha está liderada por muller

Constitución de mesa eleitoral en Cedeira o 26M de 2019

Para reducir o desequilíbrio histórico entre  mulleres e homes na política, a lei eleitoral incorporou en 2007 o artigo 44 bis, que basicamente requer unha “composición equilibrada” das listaxes eleitorais. Iso significa que non pode haber menos de 40% de un dos sexos e que esa proporción tamén debe ser atendida para cada treito de cinco candidatos. Esa mudançza levou a mais e mais mulleres en posicións de saída e, portanto, tamén nas institucións. Mas nen a lei, nen os partidos, nen a sociedade ainda resolveran a desproporción à frente das candidaturas.

Das 1.247 candidaturas inscritas, apenas 318 son lideradas por mulleres, o que representa apenas 25,5% do total. Alén diso, até 117 municípios da Galícia teñén apenas homes como candidatos a alcalde “37,4% de todos os concellos”, en comparación con cinco concellos en que todas as pesrsoas que competem como chefes de lista son mulleres.Pontevedra encabeza a porcentaxe de mulleres. Porén, as diferencias por sexos difieren ampliamente. 85 de un total de 294 son mulleres, encanto hai 209 candidatos hombres, o 71%.

Na Coruña, o 33,5%, 33 concellos, só hai opcións masculinas a alcaldes, porén en Monfero, Oza-Cesuras, Camariñas, Boimorto e Sada hai máis mulleres que homes. En Ourense e  Lugo, a porcentaxe de listas nas que non hai mulleres á frente acada o 50%. En Lugo, en 28 dos 67 dos concellos só hai homes,41,8%, encanto que en Ourense acada o 45,6%, 42 de 92 concellos.

A  xunta eleitoral da zona de Ourense anulou unha lista que incluía apenas mulleres en Xinzo de Limia “Xuntas por Xinzo”. A candidatura foi suspensa por non atender à paridade exixida pola lei eleitoral xeral, ou sexa, deberia incluir homes.

Só hai cinco concellos galegos no que as candidatas a seren eleitas alcaldesas serán mulleres gañe quen gañe:  Moeche e Muros, na Coruña; así como Allariz, Vilariño de Conso e Oímbra en Ourense.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: