off
Estado, Movementos sociais, Opinión, Política — 23 Maio, 2019 at 8:08 a.m.

Trazas e couzas: o legado que nunca cesa

by

“Ubi libertas, pátria ibi”
(Para Antonio López Campillo, in memoriam)

En física o “principio de localidade” estabelece que “dous obxectos suficientemente afastados un do outro non poden influírse mutuamente de maneira instantánea”. Este axioma, desenvolvido por Einstein na súa polémica dos quantum de Niels Bohr (ver Contra a dominación, Tomás Ibáñez), ten a súa réplica noutro que se versiona do revés: “cando dúas partículas teñen interaxido existen certas propiedades de cada partícula que están nunha estrica correlación  entre si”. Dise que, e como ao cabo trátase de “ciencia política” (un oxímoro), ambos os asertos víronse satisfeitos no recente desencontro-atopo entre Pablo Iglesias e Santiago Abascal. Un ser-non ser entre aquela “alerta antifascista” con que Unidas Podemos (UP) enmarcou a chegada de Vox ao parlamento andaluz e o considerado saúdo entre ambos os líderes producido recentemente no elevador  do Congreso. Estamos ante a aporía “a cortesía non tira a valentía”, ou na lóxica peón da construción do cafre Fraga Iribarne “a política fai estranos parceiros de cama”.

“Se a mecánica cuántica non te sorprendeu profundamente, aínda non entendiches”(Niels Bohr)

Sirva esta flácida analoxía para achegarnos ao arcano do comercio de afinidades e inimizades que frecuentamente acontecen nas campañas electorais e veiculan as súas comparsas mediáticas. Nesa orde de cousas, e seguindo o ronsel do “trifachito” que tan bos réditos deu o 28-A o partido no poder, cara ao novo simulacro participativo do 26-M activouse o método da política couza. Loxicamente cun foco menos xeneroso que o utilizado o mes pasado, para non arruinar perspectivas que requiran o concurso de anteriores actores estigmatizados (Sánchez pediu agora ao PP e Ciudadanos que se absteñan para facilitar a súa investidura:o bifachito!). Visto o cal, a “tensión antifascista” foi localizado fundamentalmente na formación ultranacionalista Vox. Concretada en desempoar o pasado “facha” dalgúns dos seus protagonistas para as municipais, autonómicas e europeas.

A bóla negra caiu neste momento, no candidato ao Parlamento Europeo Jorge “Buxadé e en Javier Ortega Smith, secretario xeral do partido e primeiro figurante nas listas á Comunidade de Madrid. Os cargos son inapelabeis. O primeiro presentouse ás europeas por Falanxe Española das JONS en 1995 e ás xerais en 1996 por Falanxe Auténtica na circunscrición de Barcelona, e o segundo publicou en 1986 un artigo en recordo do cincuenta aniversario do fusilamento de José Antonio Primo de Rivera, Ramiro Ledesma, Ruíz de Alda e da morte de Onésimo Redondo. Feitos cometidos aos 21 e 18 anos respectivamente. Máis ou menos á mesma idade en que o hoxe candidato socialista á Comunidade de Madrid, o entón mozo corazonista Angel Gabilondo, anunciaba no catecismo Apréndenos a amar: “O home peca, sepárase de Deus e véñenlle todos os males [?] e que os súbditos lles deben obediencia (aos gobernantes)”. Datado isto en 1969, durante o tórrido franquismo, á volta do insubmiso maio francés.
Descoñecemos a capacidade de mobilización partidista que esas revelacións provocasen entre os potenciais electores a favor dos seus antagonistas, pero do que non cabe dúbida é que non descobren nada que non estivese xa homologado na cotidianidade que inaugurou hai máis de 40 anos a Transición. Buxadé e Smith non poderian ter enganado sua história obsoleta cando as partes en que apostaran foran legalizadas (e son) e, portanto, seus membros son plenamente lexitimados no exercício de seus dereitos. De seu a democracia outorgada que gozamos estivo principiada por un xefe de Goberno que fora o máximo responsabel do partido único franquista, Adolfo Suárez, e outro de Estado e das Forzas Armadas designado polo ditador, Xan Carlos I, que xurou solemnemente os inmutables Principios do Movemento Nacional, pero nunca a Constitución de 1978. Item máis: todos os anos algúns xornais de curso legal inseren necrolóxicas nas súas páxinas chamando a celebrar misas pola alma de Franco e José Antonio coincidindo co 20-N, e onde operaba a sinistra Dirección Xeral de Seguridade (DGS) hoxe ten a súa sede a presidencia da Comunidade de Madrid.
A obviedade que esa política da couza desempoa tronante leva como complemento unha sorte de café para todos que nutre isotónicamente a montescos e capuletos. Maldita hemeroteca! É asín que podemos citar as orixes falanxistas e nacionalcatolicistas dunha restra de políticos que hoxe non só nen saben nen respostan de calquer tempo pasado, senón que son rotulados como espello de progresistas e liberais de toda a vida. O camarada Jesús de Polanco (de xefe de instrutores de Falanxe na Centuria Sancho o Forte a dono PRISA), o xurista Diego Córdoba (do Tribunal de Orde Pública número 2 á xefatura da asesoría xurídica de El País desde o seu botadura), Rodolfo Martín Villa, hoxe reclamado pola xustiza arxentina (da xefatura nacional do SEU e a secretaria xeral do sindicato vertical a director xeral de SOGECABLE) ou o brillante intelectual Dionisio Ridruejo, que balanzou de oficiar como o ideólogo do nazismo en España a converterse en mentor moral da disidencia socialdemócrata. Até Comisións Obreiras pode sentirse atinxida por este maremágnum. Os seus pais fundadores foron dous comunistas, Marcelino Camacho e Julián Ariza; un democristián, Víctor Martínez Conde; e un joseantoniano impasibel ao desalento, Ceferino Maestú. E as conversas clandestinas que levaran á súa constitución tiveran lugar no círculo falanxista Manuel Mateo de Madrid.
Isto e moito máis foi enterrado co borrado do disco duro que supuxo o Réxime do 78. A esa mesma lei de punto final, sen xustiza nin verdade nin trasparencia, débese que na España de agora mesmo compitan partidos criptofascistas nas institucións con plenas facultades. E explica algo moito peor e máis preocupante desde o punto de vista da saúde democrática. O paso do provocador efecto couza ao canalla factor traza. Esa indecencia que permite que algúns dirixentes políticos feitos e dereitos, como Pablo Casado e Albert Rivera, fagan campaña eleitoral previndo aos votantes contra “comunistas e nacionalistas”, recobrando aquelas teses paifocas e inquisitoriais da conspiración xudeo-masónica que demostran o buraco negro sobre o que se baseou a Transición. Se a uns lémbranlles os seus currículos facha, os afectados esgrimen o espantallo vermello en defensa propia con idéntica simetría. Á fin e ao cabo a amnistía mutualizada igualou ante a lei a verdugos e vítimas (os que serviron á ditadura e os que loitaron contra ela). Un cancro que segue sen deixar monicreque con cabeza. Aquí e agora, os mesmos que pontifican sobre a alquímica bondade do consenso co tardofranquismo negan con excesiva desvergoña e rude amnesia o dereito á existencia política de Bildu “pola súa suposta fraternidade “proetarra”. Desde onde antes houbo esquecemento e seguidismo, esíxese todo o peso da lei.

Como di El Roto nun dos seus últimos cadriños: “a escopeta creou ao lobo”.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: