off
Cedeira, Eleccións 26-M 2019, Movementos sociais, Política — 23 Maio, 2019 at 5:38 p.m.

A calculada ambigüidade do candidato Moreda(2)

by

PSOE e Unidas Podemos envían a propaganda en ambas linguas dando prioridade á versión en español. A dereita despreza o galego

Moreda (PSOE) defendia hai catro anos un «goberno galeguista de progreso» despois de chegar a un acordo de  lexislatura co BNG e Anova. A 48 horas das eleicions municipais do domingo o partido apañatodo tira do fondo de armario. A que vén esta faixa en castelán  apelando a España rente un casposo reduto españolista?Parece que volvemos aos anos do vazquismo.

 

Que caste de galeguismo é ese que despreza o idioma galego? Seica non reivindica o legado dos catro anos goberno de brazo dado da esquerda galega? Significa talvez a virada españolista de antepor os intereses do estado español aos dos veciños e veciñas de Cedeira? Onde acaba o activista e onde comeza o alcalde? Señor Moreda,se fose alcalde do seu pobo,  mudaria a lexislatura anterior? Vincular a mensaxe ao votante ao contexto político xeral do estado non é subsumir voluntariamente a tutela a xa minguada autonomia dos concellos isolándoa do seu contexto comarcal e nacional? Que encaixe ten nunhas municipais unha faixa excesiva en fondo e forma despois de se declarar «galeguista»? E nunhas europeas? Quer contentar a todos? Tan certo está de poder gañar para gobernar en solitario ou é asi como pensa seducir ao seus posibles parceiros? Afirmaba hai catro anos sen rubor que a sua politica basease “nos veciños e non en ideoloxías”. Agora parece que España vai primeiro. «Con todas tus fuerzas«(en castellano non hai problema,non si?) segundo o rótulo do novo gurú Iván Redondo, asessor áulico de Sánchez (o cerebro que pasou de labrar o perfil presidencialista de Pedro Sánchez a puída foto de Colón e a súa reaccionaria aversión a mobilizar a esquerda). Agora xa sen ambigüidades. O PSOE a vivir do tacticismo efémero e sen visión dunha articulación progresista duradoira.  Cunha Galiza eleitoralmente  prescindibel e socialmente insignificante, terra conquistada. Con 11 millóns de persoas votando a favor da reacción, da uniformidade e do neoliberalismo. Como o trifachito. España primeiro. Atentos e a espreita


Ao mellor tamen che interesa

A calculada ambigüedade do candidato Moreda (PSG-PSOE)

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off