off
Cedeira, Galiza, Língua, Literatura — 16 Maio, 2019 at 6:28 a.m.

Semana das Letras en Cedeira

by

A fonte da Pixana acollerá o venres  o acto institucional, que comezará ás 12.30 horas cunha nota biográfica de Antón Fraguas, a lectura de poemas a cargo de alumnado do CEIP Nicolás del Río e  unha actuación musical.

 

Mural rosaliano na frontaria da Biblioteca López-Cortón, coa Fonte da Pixana á frente.

A celebración  das Letras Galegas en Cedeira vai levar cinco actividades que terá como ponto de partida o xoves 16 cunha representación teatral e rematarán o luns 20 cunha función teatral protagonizada por escolares. A festa desde ano está dedicada ao escritor pontevedrés Antón Fraguas. A primeira cita, que será ás 20.30 horas no auditorio municipal, consistirá na representación da obra “Os romeiros do caracol” baseada nun estudo realizado por Fraguas sobre as festas populares na proposta escénica de  “Fantoches Baj”. Trátase dun espectáculo familiar, de 50 minutos de duración, que recrea a volta a casa de dous irmáns despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés de Teixido en forma de caricola, xa que non fora de vivo. Monicreques, cartaz de cego, máscaras e reque-reque son algúns dos recursos do teatro popular que forman parte dunha actuación con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá.

A Festa dos Maios, organizada pola Asociación de Maiores de Cedeira, será o sábado 18 no auditorio municipal e arrancará ás 20.00 horas.
O mundo da escena tornará ao día seguinte ao auditorio de Cedeira coa representación da obra “Fillos do Sol” a cargo da compañía Contraproducións. Trátase dunha elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que lle ocupou toda a súa vida: “As Eoas”. A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o poeta de Ponteceso confronta a súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas tendo como interlocutores a un personaxe nado das súas perturbacións e a criada da pensión na que está a vivir. Os alumnos e alumnas do IES Punta Candieira volverán representar esta obra o luns día 20 e de novo será no auditorio municipal. A función dará comezo ás 12.30 horas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off