off
Galiza, Teatro — 16 Maio, 2019 at 7:29 a.m.

Rodaxe da serie web “Premios Darwin”

by

A fin de semana do 31 de maio e o 1 e 2 de xuño, o concello de Carballo acollerá a rodaxe da Serie Web ‘Premios Darwin’, de Tarabela Creativa.

Unha serie baixo a autoría de Carmen Conde, quen se adicou a facer recollidas no ano 2016 das mortes máis absurdas ocorridas en Galicia para elaborar un espectáculo que contaba trece das historias que atopou no seu camiño. Este espectáculo botou dous anos en xira mais- como a propia autora sinala-a cantidade de anécdotas recopiladas e aportadas incluso a posteriori polos espectadores foi tal que rematou por xuntarse cun “excendente de mortes”. Este foi o motivo de que escollese as máis rechamantes e, baixo o selo que comparte co produtor executivo Diego Gallego, Tarabela Creativa, desen o salto do teatral ao audiovisual. Co patrocinio do Concello de Carballo, impulsor de festivais do sector, así coma de moitos outros que o fan ser estandarte da cultura en Galicia; e tamén a través dunha gala celebrada en Compostela na que se reuniron algúns dos narradores orais máis importantes do país para recaudar fondos a favor da causa. Finalmente o proxecto poderá levarse a cabo baixo a dirección de Guillermo Arias-Carbajal Alonso e a produción de Tatiana Garcia, xunto con equipo técnico principalmente feminino e chegado de toda Galicia.

O elenco aínda non está desvelado, mais parece ser que en cada capítulo teremos a oportunidade de ver a algún dos actores e actrices máis emblemáticos da escea galega. A estrea, ao igual que a rodaxe, terá lugar en Carballo, aínda que para iso aínda cómpre agardar.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off