off
Ciencia, Galiza, Língua, Normalización lingüística — 16 Maio, 2019 at 12:26 p.m.

Galiza non conta con planificación institucional na divulgación da ciencia

by

A falta de planificación institucional e a falta ou cativeza das axudas públicas autonómicas para a divulgación científica obriga a traballar desde o voluntarismo coutando o vizo dun sector caracterizado pola súa diversidade e creatividade

Esa é a demoledora  conclusión dos XXI Encontros para a normalización lingüística do Consello da Cultura Galega que hoxe fora publicada. Segundo o relatorio, apesar da existencia dun “público suficiente e diverso que precisa produtos diversificados e que  hai persoas queren asistir a eventos e consumir produtos que están na fronteira entre o divulgativo e o técnico” [..]Lamentablemente, non son menos as debilidades e elementos negativos, que van moito máis alá da falta de recursos e apuntan, sobre todo, á falta de planificación, sexa en políticas culturais destinadas ao conxunto da poboación sexa como complemento das políticas educativas”.

 “Evidentemente non é lóxico nin natural: falta o orzamento da administración galega porque neste ámbito non hai un proxecto para un país. Á anterior únese a falta dunha política axeitada para o fomento do uso do galego nos medios de comunicación”

Alén diso, as conclusións destacan un aspecto que é moi preocupante xa que os expertos  sinalan que mesmo tendo un sector dinámico e diversificado a realidade institucional é ben diferente: ” a carencia dunha visión institucional entendida en sentido amplo. Por suposto do goberno autonómico, nos seus diversos departamentos, mais tamén son institucións concernidas as de ámbito local, as universidades, os organismos científicos e outras máis. Esta ausencia de programa provoca a percepción, bastante axustada á realidade, de que cada quen anda ao seu aire, facendo o que pode dende o seu voluntarismo e motivación persoais, buscando apoios e solidariedades conxunturais, creando redes concolegas igualmente en precario…, mais sen que haxa unha visión clara de cara a onde debe ir o traballo de divulgación científica que se fai en Galicia”.

Os relatores encerran o relatorio  “con preocupación signos visibles de minusvaloración da divulgación científica nos ámbitos académicos, patentes na desconsideración dentro das tarefas docentes e na marxinalidade nos baremos de calidade, e polo tanto ten efectos disuasorios”.Ao cabo, non hai sociedade crítica sen coñecementos de cultura científica, conclue o relatorio.

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off