off
Globalización, Medio ambiente, Natureza — 15 Maio, 2019 at 09:41

Encontran plástico na descida mais profunda feita por un humano no fundo do oceano

por

É a terceira vez que o plástico é detectado na Foxa das Marianas , mas o primeiro documentado en vídeo.

Unha nova proba de que a contaminación plástica chegou a todos os recunchos do océano, desde o Ártico até a zona máis remota da Antártida e á zona máis profunda do mar, a foxa das  Marianas no Pacífico, perto da illa americana de Guam. O mergullo que alcanzou o record de baixada nas profundidades do océano atopou unha bolsa de plástico. As correntes mariñas transportan residuos humanos de plásticos a través dos océanos, onde se estima que xa hai 150 millóns de toneladas de plásticos. E cada ano, entre 8 e 12 millóns de toneladas de plástico nas augas do océano e o 80% chegan desde terra, polos residuos de plástico abandonados que baixan polos ríos.

 

É a terceira vez que é atopado plástico  e o segundo que  detecta unha bolsa de plástico, mas é o primeiro en que o descubrimento está documentado por un mergullo que tamén conseguiu o record de profundidade nun descenso cara ao mar.

A fazaña foi realizada polo empresario e oficila da mariña nortemaricana xubilado Víctor Vescovo, que conseguiu baixar a 10.927 metros de profundidade na foxa de Marianas, segundo a súa expedición da segunda-feira, que revelou as espectaculares imaxes. Vescovo superou o record que o enxeñeiro suízo Jacques Piccard e o tenente da armada estadounidense Don Walsh fixeran en 1960, que alcanzaron 10.912 metros de profundidade dentro desta foxa.

O director de cine James Cameron tamén intentou alcanzar a marca de profundidade nesta foxa e en 2012, co seu submarino, conseguiu baixar a 10.908 metros de profundidade, mas permaneceu detrás do descenso dos anos 60.

Durante as catro horas que Vescovo pasou ao fondo da foxa das Marianas o 28 de abril, observou e documentou en vídeo varias criaturas mariñas, unha das cales é potencialmente unha nova especie que nunca se descubriu ataéagora, segundo National Geographic. Mas tamén unha bolsa de plástico e envoltorios de doces.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: