off
Galiza, Historia, Mar e Pesca — 9 Maio, 2019 at 11:18 a.m.

XIV Encontro de Embarcacións tradicionais da Guarda

by

Os colectivos involucrados na organización do XIV Encontro Galego de Embarcacións Tradicionais, que terá lugar do 11 ao 14 de xullo, abre a súa inscrición e agardan que participen ao redor dun cento de embarcacións

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial convoca cada dous anos dende 1993, o Encontro Galego de Embarcacións Tradicionais entre as súas asociacións.O Encontro consiste nunha gran concentración de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego, así como doutras zonas xeográficas, acompañados de actos culturais e de lecer, xornadas de conferencias, coloquios, exposicións, publicacións, música e danza tradicional, artesanía, etc..Están convidados tódalas asociacións pertencentes á FGCMF e entidades afíns, tanto de Galicia como de Portugal, Irlanda, Francia, País Vasco, Cataluña, Andalucía, Levante ou Illas Baleares, así como particulares e institucións de interese cultural e patrimonial.

Peregrinación de embarcacións. Segundo a organización agárdase unha espectacular peregrinación desde Muros, onde a frota local e a da Coruña reunirase con embarcacións norteñas para poñer rumbo sur o día 29 de xuño, pasando por Sálvora, aderindo an singradura as embarcacións das Rías de Pontevedra e Arousa para, finalmente, emproar as  Cíes, onde agardan os barcos da Ría de Vigo para encetar a última etapa até a A Guarda, sede do encontro.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off