off
Eleccións Europeas, Galiza, Movementos sociais, Política — 9 Maio, 2019 at 12:16 p.m.

“Todas as causas, a nosa causa”: novo vídeo de campaña #Europeas2019 do BNG

by

Chama a participar nas europeas  “desde nós”. O vídeo, protagonizado por Ana Miranda, mostra a candidata a pendurar roupa  nun tendal rente a ría mentres cantarexa “ai das que levan na fronte unha estrela”. Peza por peza, conforme vai  ficando cheo o varal, as camisolas coloridas a enxugar resultan ser “bandeiras da dignidade” coas ideas-forza que o BNG defendou no Parlamento Europeo, o relatorio completo da actividade de Miranda na última lexislatura: “o caso Alvia, o saneamento das rías, contra o fascismo, pola liberdade de expresión e pola memoria histórica, contra a mina de Touro, pola franxa de Gaza, polo dereito á vivenda e pola tarifa eléctrica galega, pola sanidade pública,pola pesca, o cerco, o xeito”, entre outros, para rematar, “pola democracia, por Galiza.”

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off