off
Cedeira, Cultura, Galiza, Historia — 8 Maio, 2019 at 6:50 a.m.

Atopado o muro que pecha a antecámara do Sarridal

by

A escavación do Sarridal vai deitando paseniño os segredos do Campo do Castro. Hai tempo que a memoria do futuro reclamaba esta intervención. Primeiro, a descoberta da sauna con forno ( “pedra formosa”)  e, arestora, as pegadas do que semella foi un muro da antecámara,  mudan a común percepción do imaxinario local: porque unha cousa é vivir nun lugar e outra moi distinta habitalo en toda a súa significación e memoria; unha cousa son as vagas lendas e toponimias que alimentaran o maxín de xeracións e outra ben distinta velo representado na terra e na orografía do país. Asimilamos a crescente atomitización social radical que poden provocar certos usos do ciberespazo en relación a un ‘demos’ que, por forza, debería ser común. Sen  os referentes básicos de memoria este ‘demos’ partillado non pode ser, por razón mesmo etimolóxicas, democracia. O memorial democrático aos represaliados do campo de concentración da Madalena debe inserirse e intepretarse nesa profundización. A paisaxe neste canto da Europa occidental tórnase así máis galega e universal do que nunca. Ogallá este autorecoñecemento axude a nos  comunicar e informar mellor.

https://www.facebook.com/917271358438428/videos/925091960989701/

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: